Descripción: Descubre o fascinante mundo da fotografía dixital. No obradoiro aprenderás desde o básico ata técnicas avanzadas para capturar imaxes impresionantes. Non importa o teu nivel! Ven a mellorar a túa creatividade, dominar a túa cámara e coñecer a outras persoas apasionadas da fotografía. Leva as túas fotografías a outro nivel!
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas, incluidas 2 horas de traballo persoal.
Director-Docente: Santiago Barreiros
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Breve Historia da Fotografía dende o seu nacemento ata hoxe.
Fotografía analóxica: Películas. Papeis fotográficos. Laboratorio.
Cámaras dixitais: Obxectivos. Flashes. Disparadores. Visores. Sensibilidades ISO. Formatos. Compresión de arquivos. Tarxetas de memoria. Transformacións e axustes de cor. Monocromo. Conexións ó ordenador.
Hardware e Software: Ordenadores. Conexións e portos. Monitores. Almacenamento. Photoshop. Ferramentas. Control da luz. Correccións da cor. Enfoque. Retoque.
Ollar e ler fotografías: Descubrir os teus obxectivos. Observar o fondo da imaxe. Valorar a luz natural. Disparar é só o principio. Dominar as verticais. Fixar a mirada. O retrato é cousa de dous ou máis. Utilizar o sistema manual. Despreciar a primeira ollada. Usar o trípode. A cámara ve máis ca ti. Paisaxes emocionais. Fotografiar con calma para non recortar. Dispara coa máxima calidade. Observar o sencillo. Ollar en branco e negro ou cor. Controlar o foco e o desenfoque. Facer fotos para educar o ollo. Fotografiar sen estar de pe. Fotografía discretamente. Busca o amencer ou o solpor. Buscar encadres distintos. Potencia o obxectivo principal. Atopa imaxes en calquera lugar. Atopar un estilo propio. Dispara cando algo te sorprende. Fai moitas fotos, decepciónate e fai máis. Escoita a través dos ollos. Averigua o que queres facer, sé teimudo. Simplifica a imaxe. Pensa antes de disparar. Cuestiónate.
Prácticas fotográficas: Paisaxe exterior. Fotografiar a rúa. Edición das imaxes resultantes.