Última modificación: 25 de marzo de 2021
Introdución
Estas Condicións de Uso establecen os parámetros baixo os cales a Universidade de Vigo ofrece acceso aos servizos, aplicacións e ferramentas (denominados conxuntamente como “Servizos”) que aparecen no sitio web campusactivo.uvigo.gal.
Quen somos?
A Universidade de Vigo é unha institución de carácter público con domicilio social no Campus As Lagoas, Marcosende s/n 36310. Vigo (Pontevedra - España) que, a través do seu Servizo de Extensión Universitaria, ten por obxecto a promoción da actividade física saudable e a cultura entre as persoas pertencentes á súa comunidade universitaria.
Na procura deste obxectivo, a Universidade de Vigo organiza e xestiona inscricións en diferentes actividades deportivas e culturais que se desenvolven tanto en instalacións propias como nas de entidades colaboradoras.
Prezo e modalidades de pagamento
Os prezos expostos neste sitio web preséntanse en euros e inclúen o importe do IVE aplicable en España. O prezo a pagar pola persoa usuaria será o que estea en vigor na data na cal a persoa fixera a inscrición ou a compra do servizo.
A Universidade de Vigo resérvase o dereito de modificar os prezos en calquera momento, seguindo os seus procedementos establecidos, e sen outro requisito a maiores que o de indicar as ditas modificacións neste sitio web. Non obstante, estas modificacións non incidirán nas inscricións xa realizadas antes da entrada en vigor das ditas modificacións.
A Universidade de Vigo ofrece as seguintes opcións de pagamento:
- Tarxetas de débito ou crédito VISA e Master Card.
- Pago en efectivo presentando as follas de pagamento correspondentes nas oficinas bancarias ou na banca online dalgunha das entidades colaboradoras (ABANCA, Caixabank e Banco Santander).
A Universidade de Vigo non utiliza a información das tarxetas de crédito ou débito dos seus clientes para ningún fin. Estes números nunca estarán en poder da Universidade de Vigo e serán introducidos polo propio cliente nunha pasarela de pago (web) de ABANCA SA.
Políticas de cancelación e devolución de taxas
A Universidade de Vigo soamente devolverá as taxas pagadas por unha persoa usuaria no caso de concorrer algunha das causas establecidas na Instrución Xerencial do 31 de marzo do 2016 pola cal se actualiza o procedemento de devolución de taxas:
- Cancelación ou modificación por parte da Universidade das datas de celebración, horario ou lugar.
- Comezo dunha relación laboral que sexa incompatible coa realización da actividade (necesario presentar xustificante do contrato ou alta na Seguridade Social).
- Maternidade (con certificado médico).
- Enfermidade grave (con certificado médico).
- Formalización de matrícula una vez completado o número de prazas.
- Aboamento dunha cantidade superior ao prezo do curso como consecuencia de erros materiais ou de cálculo (neste caso devolverase a diferenza aboada en exceso).
Esta solicitude presentarase a través da web campusactivo.uvigo.gal (unha vez autenticado, opción "Nova solicitude de devolución" do menú lateral da esquerda) e deberá realizarse por norma xeral antes da celebración da dita actividade, agás naquelas situacións nas que xustificadamente isto non sexa posible (anulación da actividade por parte da Universidade, enfermidade sobrevida de última hora, etc). Nestes casos, o prazo máximo para presentar a solicitude de devolución será de 30 días dende que a persoa usuaria teña coñecemento da causa ou motivo que lle daría dereito á devolución.
Idade mínima
A idade mínima para utilizar de xeito independente unha conta neste sitio web son os 16 anos. As persoas menores desta idade deberán facelo a través da conta de usuario/a do seu pai, nai ou titor/a legal. Unha vez cumpridos os 18 anos as contas tuteladas recibirán un login e contrasinal propios, desvincularanse automaticamente das dos seus titores/as e pasarán a operar de xeito completamente independente.
Seguridade
O proceso de pagamento realízase sobre un servidor seguro utilizando o protocolo SSL (Secure Socket Layer). Este servidor establece unha conexión de modo que a información transmítese cifrada mediante algoritmos de 128 bits, que aseguran que soamente sexa intelixible para o ordenador da persoa usuaria e do sitio web campusactivo.uvigo.gal.
Deste xeito garántese:
- Que a persoa usuaria está comunicando os seus datos ao centro servidor do Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo e non a calquera outro que intentara facerse pasar por este.
- Que entre a persoa usuaria e o centro servidor os datos se transmiten cifrados, evitando a súa posible lectura ou manipulación por terceiros.
Acceso ás instalacións
O sistema de identificación utilizado por parte da Universidade de Vigo para o acceso ás súas instalacións deportivas será o código QR asociado a súa conta de usuario/a de campusactivo.uvigo.gal ou o código de barras asociado a súa conta da Secretaria Online da Universidade.
No caso de opoñerse a súa identificación co sistema anteriormente indicado, pode utilizar o seu documento nacional de identidade, pasaporte, permiso de conducir ou a tarxeta universitaria para identificarse na recepción das instalacións universitarias.
Aceptación dos termos e condicións de uso
Para poder utilizar os nosos servizos, deberá aceptar previamente os Termos e Condicións de Uso. A Universidade de Vigo entende que a aceptación destes Termos e Condicións de Uso constitúe tamén a aceptación por parte da persoa usuaria dos Regulamentos e Normativas da Universidade de Vigo que lle sexan de aplicación.
Cambios nos termos e condicións de uso
A Universidade de Vigo resérvase o dereito a realizar modificacións nos Termos e Condicións en calquera momento. Por tal motivo, vostede deberá revisar os Termos e Condicións regularmente para comprobar as ditas modificacións. A versión modificada dos Termos e Condicións serán publicados en campusactivo.uvigo.gal.
Política de privacidade
As persoas usuarias comprométense a navegar pola páxina web e a utilizar o seu contido de boa fe.
En cumprimento do establecido na normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que a cumprimentación de calquera formulario existente no sitio web campusactivo.uvigo.gal ou a remisión dun correo electrónico a calquera das nosas direccións implica a aceptación desta política de privacidade, así como a autorización ao Servizo de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo para que trate os datos persoais que nos facilite.
A finalidade do tratamento dos seus datos persoais é a inscrición en calquera dos servizos que prestamos. A base legal que lexitima o tratamento é a Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades e a Lei 6/2013, de 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia, en cumprimento do artigo 6.1e) do Regulamento (UE) 2016/679, dado que o tratamento é necesario para o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento. As finalidades que se aparten destes preceptos serán realizadas co seu consentimento expreso. Os seus datos serán mantidos mentres vostede queira que lle prestemos os nosos servizos, e sempre que non revogue o consentimento dado ou solicite a cancelación / supresión dos seus datos ou oposición ao tratamento. Unha vez cancelada, os datos bloquearanse e almacenaranse durante 6 anos.
En calquera caso, ten dereito a acceder en calquera momento á información recollida e proporcionada por vostede, na nosa base de datos, rectificala (actualizala) se está mal, accedendo ao apartado "Miña Conta / Datos de contacto" do sitio campusactivo.uvigo.gal
Así mesmo, vostede ten dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.
Devanditos dereitos poderá exercelos ante ao Reitor da Universidade de Vigo mediante solicitude presentada no rexistro da Universidade de Vigo, ou calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que será tramitada pola Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Para mais información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á Delegada de Protección de Datos do responsable cuxa identidade e datos de contacto son Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004, Ourense (España). Teléfono: 988 368 834. Enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal
Ademais, se considera que os seus dereitos non foron atendidos adecuadamente, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
A Universidade de Vigo comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada e a utilizala unicamente para as fins indicadas.
A Universidade de Vigo presume que os datos foron introducidos pola titular ou pola persoa autorizada por esta, así como que son correctos e exactos. Correspóndelle ás persoas usuarias a actualización dos seus propios datos.
Conforme a lexislación vixente en materia de protección de datos, a Universidade de Vigo adoptou os niveis de seguridade adecuados aos datos facilitados polas persoas usuarias e instalou, ademais, todos os medios e medidas ao seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado ou extracción dos ditos datos.
Queixas, suxestións e parabéns
No seguinte enlace as persoas usuarias poderán realizar as queixas, suxestións e parabéns que consideren oportunas.