Descrición: Obradoiro con repertorio variado de danzas que inclúe danzas infantís, xuvenís, históricas e populares dos cinco continentes onde se traballa a conciencia corporal, a hixiene postural, o ritmo, a musicalidade, a coordinación, a propiocepción e as calidades do movemento e a conciencia espacial.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (incluidas 3 horas de traballo individual do alumnado)
Directora: Ana María Torrado Agrasar
Docentes: Ainhoa Linaza Bao, Ana María Torrado Agrasar
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Duración do curso: 30 horas
Descrición: O curso estructurase en tres grandes apartados incoporando a exposición de contidos por a docente, visionado de materiais audiovisual, lectura de documentos/informes/investigacións e debates.
Na primeira parte se levará a cabo un percorrer por as narrativas históricas que serviron para xustificar a subordinación das mulleres, cuestionando as construccións que as reduciron a obxectos e non a suxeitos plenos. Analízanse críticamente os discursos que, desde a ciencia e a cultura, sostiveron a suposta inferioridade intelectual e sexual das mulleres, desmontando mitos neurosexistas e prexuízos que leximitaron a súa deshumanización. O bloque remata cunha revisión das actitudes sexistas e misóxinas que derivan de tales prexuízos, analizando como, amplificadas hoxe pola esfera dixital, convértense en novas formas de exercer a violencia e manter a resistencia fronte á igualdade real.
A segunda parte mergúllanos na problématica da obxetivización do corpo feminino, entendida como a estratexia central mediante a cal as sociedades patriarcais teñen convertido o corpo das mulleres no seu principal atributo de identificación e control. Examínase como o ideal de beleza -baseado na delgadez, pasividade e fraxilidade- actúa como un instrumento disciplinario que subordina ás mulleres a un permanente xuízo estético e sexual. Baixo o discurso neoliberal do "empoderamento", desvélase o paradoxo mediante o cal a hipersexualización preséntase como expresión de liberdade, cando en realidade reproduce patróns de dominación que se xustifican mediante a falacia da "libre elección". Este bloque distingue entre o "lobo" explícito das sociedades abertamente desiguais e o "lobo con pel de cordeiro", mais perigoso se cabe, propio das sociedades que, aínda proclamando igualdade formal, continúan perpetuando modelos de subordinación mediante mensaxes sedutoras, sutís e profundamente arraigados na cultura visual contemporánea.
Para finalizar o terceira parte céntrase na construción xurídica e política dos dereitos das mulleres, subliñando que a igualdade formal foi un paso imprescindible, pero aínda insuficiente, para alcanzar a igualdade real. Percórrese o marco internacional que senta as bases dos devanditos dereitos, desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) ata a Convención para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (1979), e relaciónase cos compromisos actuais da Axenda 2030. O bloque profunda nos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, esenciais para garantir a autonomía das mulleres, mencionando fitos como a Lei 2/2010 en España e tamén analízase o desenvolvemento da Educación Sexual no marco lexislativo español. Esta última parte conclúe sinalando que a carreira cara á igualdade permanece inacabada e require seguir ampliando esforzos ata alcanzar plenamente a meta dunha sociedade verdaeiramente igualitaria.
Obxectivo xeral: Promover unha comprensión crítica de cómo se construye, reproduce e lexitima a desigualdade de xénero - desde a inferiorización e a obxetivización das nenas e mulleres - para fomentar actitudes e comportamentos igualitarios que posibiliten a igualdade real.
Obxectivos específicos: - Analizar as narrativas históricas e científicas que sustentaron a suposta inferioridade das mulleres e as actitudes sexistas derivadas.
- Comprender como a obxetivización do corpo feminino funciona como un mecanismo contemporáneo de control e subordinación.
- Coñecer os principais marcos de dereitos humanos, sexuais e reprodutivos, así como a evolución da educación sexual, a nivel nacional e internacional.
- Promover actitudes e accións que posibiliten á igualdade real.
Directora e docente do curso: María Lameiras Fernández
O abono básico da acceso ao uso das pistas de atletismo e aos vestiarios das instalacións deportivas xestionadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte nos campus de Ourense e Vigo. Este tipo de abono é de carácter gratuíto para toda a comunidade universitaria da UVigo.
O abono mUVer proporciona acceso ás instalacións deportivas de uso individual da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Consulta os períodos e horarios xerais de apertura
Vantaxes do abono
- Deseño e seguimento individualizado do teu programa de exercicio físico por parte do persoal técnico da sala de fitness.
- Valoración antropométrica.
- Acceso gratuíto ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura: salas cardio-fitness, tenis de mesa, pistas de atletismo (Vigo e Ourense), pistas de tenis (Vigo e Ourense), muro de escalada (Vigo) e aluguer de bicicletas BTT (Vigo).
- Acceso gratuíto ás actividades dirixidas de fitness incluídas no abono.
- 20 % de desconto para as persoas da comunidade universitaria nas escolas deportivas e nas actividades puntuais no medio natural.
Vantaxes do abono:
1. Descrición: circuíto de exercicios deseñados en función das características específicas das persoas usuarias. Está dirixido a mellorar a condición física para as actividades da vida diaria e por tanto a capacidade funcional, así como a reducir o risco de lesións.
2. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou entrada multideporte.
3. Reserva de prazas: debe realizarse unha reserva previa da praza para cada sesión. Pódese reservar por internet cunha antelación máxima de 3 días e ata o momento no que comece a clase.
1. Que é o adestramento personalizado en pequenos grupos?
As adestradoras e os adestradores persoais son profesionais da actividade física e do deporte que prescriben o exercicio dun xeito individualizado, tendo en conta os obxectivos que persiguen as persoas usuarias. Este adestramento personalizado pode realizarse en pequenos grupos que compartan obxectivos e característcas para así reforzar a motivación e a adherencia cara o exercicio das persoas usuarias.
2. Persoas destinatarias
Alumnado, PDI e PAS. No caso de que se chegue ao número mínimo de persoas inscritas nalgún dos grupos, abrirase a inscrición ás persoas non universitarias ata completar o aforo.
3. Duración do programa
Dende o 16 de setembro ata o 27 de xuño, incluíndo dúas sesións semanais de exercicio físico en pequenos grupos con monitor (cun máximo 5 persoas en cada franxa horaria) e unha terceira sesión a maiores os venres (CLASE DE GRUPO TIPO CORE, GAP...)
4. Obxectivos principais
Crear hábitos saudables, mellorar a condición física xeral e adquirir coñecementos básicos para unha actividade física segura e saudable.
5. Procedemento de inscrición
1 º Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-insrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
2 º O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
3 º Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
6. Sesión de proba
Podes poñerte en contacto co persoal técnico da sala cardio-fitness para concertar unha sesión de proba.
Duración:
30 horas
Obxectivos:
Metodoloxía:
Dende unha visión global achegarémonos ao mundo da agricultura orgánica explorando diferentes metodoloxías e dando a coñecer as diferentes ferramentas que axuden a entender mellor o funcionamento das nosas terras de cultivo.
Este obradoiro é o segundo de dous obradoiros que se complementan entre si, ademáis das actividades que se propoñen no programa, vanse levar a cabo os traballos propios da época do ano na horta, colaborando co grupo de persoas que están a participar do proxecto de horta colectiva no Campus Universitario.
Docentes: Jacobo Ojea Reyes
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
1. Oferta para a comunidade universitaria
- Desconto en servizos de fisioterapia para a comunidade universitaria. Consultar na clínica.
2. Procedemento para beneficiarse da oferta:
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
3. Outras consideracións
As persoas terán acceso aos servizos indicados baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información coa propia entidade antes de realizar o pagamento.
4. Máis información e contacto
Páxina web: aliciafisioterapiavigo.es
Tel.: 698 129 762
Correo electrónico: alicia@aliciafisioterapiavigo.es
Enderezo: rúa Quintela, 23 baixo. C.P. 36209 de Vigo (Pontevedra)
A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón dun servizo de aluguer de bicicletas BTT no pavillón universitario do Campus Lagoas - Marcosende.
Normas de uso xerais
- Podes acceder a este servizo a través do abono mUVer ou das entradas multideporte.
- A bicicleta préstase durante períodos máximos de 3 horas.
- O uso está limitado ás rutas e espazos próximos ao Campus Lagoas - Marcosende.
- Non está permitida a circulación de bicicletas no circuíto de carreira a pé.
- Debe facerse un uso correcto da bicicleta, hai que devolvela no mesmo estado de funcionamento no que se recibiu. De non ser así, aplicarase o establecido na normativa da Universidade.
- Ao finalizar a reserva, a persoa usuaria debe utilizar a mangueira sita na porta de entrada do pavillón para limpar a bicicleta antes de devolvela.
1. Descrición
Antropometría con báscula TANITA MC780. Obtéñense datos sobre peso, masa graxa, masa magra, auga corporal, graxa visceral, metabolismos basal, idade metabólica, etc.; ademais recomendacións sobre hábitos de exercicio e actividade física.
2. Lugar de realización da proba
Na sala cardio-fitness do pavillón de deportes.
3. Recomendacións para incrementar a fiabilidade da proba:
- Non tomar líquidos tres horas antes da proba.
- Non consumir alcol 24 horas antes da proba.
- Non realizar exercicio físico nin tomar cafeína ou alimentos catro horas antes da proba.
- Non realizar a proba inmediatamente despois de terse levantado. Aconséllase deixar pasar un lapso de dúas horas antes de realizar a proba.
- Ouriñar 30 minutos antes da proba.
- Non tomar medicación diurética sete días antes da proba.
- Realizar preferentemente a análise fóra do ciclo menstrual e do período inmediatamente anterior ou posterior.
- Retirar do corpo os obxectos metálicos tales como xoias, reloxo, teléfono móbil, etc.
Antropometría con báscula TANITA MC780. Obtéñense datos sobre peso, masa graxa, masa magra, auga corporal, graxa visceral, metabolismos basal, idade metabólica, etc.; ademais de recomendacións sobre hábitos de exercicio e actividade física.
3. Recomendacións para incrementar a fiabilidade da proba
As entradas individuais permiten un uso da instalación compartido con outras persoas usuarias.
Normativa de acceso e uso:
Carreiras:
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores 5 e 6, nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- As rúas 1 e 2 quedan reservadas exclusivamente para competicións, polo que queda prohibida a súa utilización en adestramentos, salvo autorización expresa do SD.
- As series de menos de 150 metros realizaranse sempre na contrarrecta.
Saltos:
- Poderanse practicar con ou sen zapatillas de cravos.
- Os saltos de lonxitude e triplo realizaranse nos corredores e nos fosos de area.
- O salto de altura realizarase na media lúa na que se encontren instalados os saltómetros.
- O salto con pértega soamente poderá practicarse cando non exista actividade no campo de fútbol/rugby e será necesario acreditar a suficiente experiencia nesta actividade.
- Para a realización de multisaltos de adestramento poderanse utilizar ambas medias lúas ou os corredores de saltos.
Lanzamentos:
- Deberá consultarse previamente a dispoñibilidade do campo de herba natural como superficie de recepción dos artefactos.
- Ademais de nos círculos propios das disciplinas, os lanzamentos de peso e disco poderanse realizar en ambas medias lúas, sempre que a caída dos artefactos se produza na herba.
- O lanzamento de xavelina poderá realizarse dende as dúas medias lúas, con ou sen zapatillas de cravos.
- O lanzamento de martelo só se poderá realizar na gaiola cando esta teña a rede levantada. No caso de empregar artefactos alternativos (balóns atados con cordas), si poderán ser utilizados fóra da gaiola.
Estas reservas permiten un uso en exclusiva da instalación por parte dun colectivo de persoas. A entidade ou persoa que efectúa a reserva é a responsable da totalidade do grupo a efectos de seguros de accidentes, responsabilidade polo mal uso da instalación, incumprimentos da normativa, etc
1.- Normas de uso xerais:
- A reserva da instalación (dunha subzonas ou completa) permite o uso non compartido con outras persoas usuarias. Para isto deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 20.
- A persoa responsable da entidade que efectua a reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes de acceder á pista de atletismo.
- Non está permitido fumar nin comer en todo o recinto deportivo.
1.1 Carreiras:
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores 7 e 8, nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- As rúas 1 e 2 quedan reservadas exclusivamente para competicións, polo que queda prohibida a súa utilización en adestramentos, salvo autorización expresa da Area de Deportes.
1.2 Saltos:
1.3 Lanzamentos:
- Poderase acceder individualmente a esta instalación mediante entradas multi-deporte ou abonos.
- Tamén será posible facer a reserva completa da instalación para realizar un uso non compartido con outras persoas usuarias. Para isto deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
- As persoas deberán identificarse na conserxería do pavillón universitario antes de acceder á pista de atletismo.
Descrición: Sobre a obra: estase a librar a nai das batallas. Non é a primeira vez na historia, aínda que algunha das veces pode ser a derradeira. A loita é, a grandes riscos, entre a utopía e distopía.
Este obradoiro ten unha duración de 60 horas.
Soamente para as persoas inscritas no obradoiro Maricastaña. Nivel 3 do 1º cuadrimestre
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
OBXECTIVOS E TEMÁTICA 1. Consolidar o obradoiro da Aula de Música Tradicional (AMT), como unha opción formativa no eido da música, dirixida principalmente a subministrar integrantes formados para o Grupo de Música Tradicional (GMT) do campus de Pontevedra. Ao mesmo tempo, a propia AMT, constitúese como un grupo con varias configuracións que pode realizar concertos de xeito independente sempre que sexa requirido para elo. 2. Continuidade na aprendizaxe e perfeccionamento do instrumento elixido así como formación en aspectos estruturais e etnolóxicos relacionados co mesmo. 3. Captación de novo alumnado para aumentar e enriquecer as posibilidades deste proxecto educativo musical.
1.- Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de bádminton apto para todos os niveis.
2.- Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas con Abono Muver.
3.- Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Inicio sesión/ Nova entrada) e pasar pola conserxería do Pavillón para confirmar a asistencia ao inicio da cada clase
1. Entidade organizadora: Club Escola Rosalía
2. Descrición: escola de iniciación e perfeccionamento de bádminton.
3. Persoas destinatarias: actividade de balde para as persoas da comunidade universitaria e familia UVigo (idade mínima 6 anos). Non é necesario dispoñer de raqueta.
4. Reserva de praza e control de asistencia: debe reservarse a praza para cada sesión a través desta web (Iniciar sesión / Nova entrada) e pasar pola conserxería do pavillón para confirmar a asistencia ao inicio de cada clase.