Durante os días de realización do cribado PCR por parte do SERGAS nas instalacions universitarias, estará habilitada a posibilidade de asistir a sesións de adestramento funcional de 45 minutos de duración na sala multiusos do edificio de deportes.
1. Persoas destinatarias: persoas con abono Muver ou entrada multideporte.
2. Reserva de prazas: debe realizarse unha reserva previa da praza para cada sesión. Pódese reservar por internet cunha antelación máxima de 3 días e ata o momento no que comece a clase.
PRESENTACIÓN
ENTREVISTA INFORMATIVA GRATUÍTA
A Unidade de Fisioterapia está dirixida por unha persoa diplomada en fisioterapia. Ten como obxectivo a recuperación funcional das persoas que así o precisen para que se poidan reincorporar de novo á súa vida cotiá e deportiva.
1. Servizos
- Readaptación funcional.
- Recuperación de lesións deportivas.
- Prevención e tratamento da dor.
- Patoloxías laborais.
2. Tratamentos
- Terapia manual.
- Reeducación postural.
- Electroterapia.
- Cinesiterapia.
3. Reserva de citas
Poden adquirirse citas puntuais ou bonos de 5 usos. Estes últimos teñen unha caducidade dun ano natural dende o momento da súa adquisición.
1. Persoas destinatarias
Persoas cun abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de praza
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos días nos que se imparta esta actividade. Para reservar debes ir a miña conta / histórico / entradas / nova sesión.