1. Descrición
Antropometría con báscula TANITA MC780. Obtéñense datos sobre peso, masa graxa, masa magra, auga corporal, graxa visceral, metabolismos basal, idade metabólica, etc.; ademais de recomendacións sobre hábitos de exercicio e actividade física.
2. Lugar de realización da proba
Na sala cardio-fitness do pavillón de deportes.
3. Recomendacións para incrementar a fiabilidade da proba
- Non tomar líquidos tres horas antes da proba.
- Non consumir alcol 24 horas antes da proba.
- Non realizar exercicio físico nin tomar cafeína ou alimentos catro horas antes da proba.
- Non realizar a proba inmediatamente despois de terse levantado. Aconséllase deixar pasar un lapso de dúas horas antes de realizar a proba.
- Ouriñar 30 minutos antes da proba.
- Non tomar medicación diurética sete días antes da proba.
- Realizar preferentemente a análise fóra do ciclo menstrual e do período inmediatamente anterior ou posterior.
- Retirar do corpo os obxectos metálicos tales como xoias, reloxo, teléfono móbil, etc.
1. Características da oferta:
- Asistencia gratuíta ao Curso Fundamentos Básicos do Crossfit para calquera persoa pertencente á comunidade universitaria ou alumni da Universidade de Vigo.
- A maiores, e só para as persoas pertencentes á comunidade universitaria Uvigo (alumnado, PAS e PDI), 5 € de desconto en calquera das cotas ds servizos ofertados polo centro.
As persoas asociadas poderán asistir a todos os centros abertos de BOX 004 en Galicia (Marín, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo).
2. Procedemento de inscrición
- Acreditar ante a entidade colaboradora a condición de comunidade universitaria ou alumni da Universidade de Vigo.
- Realizar o pagamento dos servizos contratados directamente á entidade colaboradora.
3. Outras consideracións
A persoa usuaria terá acceso ás actividades indicadas baixo as condicións establecidas pola entidade colaboradora. Recoméndase confirmar toda a información no propio centro deportivo antes de realizar o pagamento.
4. Máis información e contacto
Páxina web: www.box004.com/centros
Instagram: @box004vigo
As entradas multideporte permítenlle o acceso puntual ás instalacións deportivas a aquelas persoas sen abono.
Cada entrada permitirá un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás salas cardio-fitness, ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao rocódromo (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades ás que teñen acceso as persoas con abono. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.
Existen tamén bonos multideporte de 5 ou 10 usos, cunha caducidade dun ano.
As entradas multideporte permítenlle o acceso puntual ás instalacións deportivas a aquelas persoas que non teñen abono.
Tamén existen bonos multideporte de 5 ou 10 usos, cunha caducidade dun ano.
Cada entrada permitirá un acceso de ata tres horas consecutivas de duración ás pistas de atletismo (Ourense e Vigo), ao muro de escalada (Vigo), ás bicicletas BTT (Vigo) e, en xeral, a todas as actividades dirixidas ás que teñen acceso as persoas con abono muver. A idade mínima para poder acceder por libre a estas instalacións é de 16 anos.
O Campus de Pontevedra conta cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness no interior do pavillón universitario.
Normativa de acceso e uso:
- É necesario realizar unha reserva previa ao momento do uso a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal.
- A cabida máxima deste espazo é de 15 persoas. No caso de verse superado nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instalación é de 16 anos.
- Establécese en 90 min o tempo máximo de utilización das salas cardio-fitness para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.
O Campus de Ourense conta cunha sala cardio-fitness no interior do pavillón universitario completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
- A cabida máxima deste espazo é de 45 persoas. No caso de verse superado nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- Deberase utilizar unha toalla grande para evitar o contacto directo coa superficie dos equipamentos.
- As persoas usuarias limparán o material utilizado antes e despois do seu uso.
- Non se poderá entrar con calzado da rúa, chancletas, sandalias, roupa non deportiva, bolsas ou mochilas.
O Campus de Vigo conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
- No caso de verse superada a cabida máxima nalgún intre, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instalación de xeito autónomo é de 16 anos. As persoas de entre 12 e 15 anos poderán acceder á sala de fitness acompañadas dun adestrador/a ou educador/a físico titulado/a que deberá dispor tamén da súa propia entrada.
- O uso da máscara será obrigatorio durante todo momento, incluíndo durante a realización do exercicio.