Duración do curso: 30 horas
Descrición: O curso estructurase en tres grandes apartados incoporando a exposición de contidos por a docente, visionado de materiais audiovisual, lectura de documentos/informes/investigacións e debates.
Na primeira parte se levará a cabo un percorrer por as narrativas históricas que serviron para xustificar a subordinación das mulleres, cuestionando as construccións que as reduciron a obxectos e non a suxeitos plenos. Analízanse críticamente os discursos que, desde a ciencia e a cultura, sostiveron a suposta inferioridade intelectual e sexual das mulleres, desmontando mitos neurosexistas e prexuízos que leximitaron a súa deshumanización. O bloque remata cunha revisión das actitudes sexistas e misóxinas que derivan de tales prexuízos, analizando como, amplificadas hoxe pola esfera dixital, convértense en novas formas de exercer a violencia e manter a resistencia fronte á igualdade real.
A segunda parte mergúllanos na problématica da obxetivización do corpo feminino, entendida como a estratexia central mediante a cal as sociedades patriarcais teñen convertido o corpo das mulleres no seu principal atributo de identificación e control. Examínase como o ideal de beleza -baseado na delgadez, pasividade e fraxilidade- actúa como un instrumento disciplinario que subordina ás mulleres a un permanente xuízo estético e sexual. Baixo o discurso neoliberal do "empoderamento", desvélase o paradoxo mediante o cal a hipersexualización preséntase como expresión de liberdade, cando en realidade reproduce patróns de dominación que se xustifican mediante a falacia da "libre elección". Este bloque distingue entre o "lobo" explícito das sociedades abertamente desiguais e o "lobo con pel de cordeiro", mais perigoso se cabe, propio das sociedades que, aínda proclamando igualdade formal, continúan perpetuando modelos de subordinación mediante mensaxes sedutoras, sutís e profundamente arraigados na cultura visual contemporánea.
Para finalizar o terceira parte céntrase na construción xurídica e política dos dereitos das mulleres, subliñando que a igualdade formal foi un paso imprescindible, pero aínda insuficiente, para alcanzar a igualdade real. Percórrese o marco internacional que senta as bases dos devanditos dereitos, desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) ata a Convención para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (1979), e relaciónase cos compromisos actuais da Axenda 2030. O bloque profunda nos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, esenciais para garantir a autonomía das mulleres, mencionando fitos como a Lei 2/2010 en España e tamén analízase o desenvolvemento da Educación Sexual no marco lexislativo español. Esta última parte conclúe sinalando que a carreira cara á igualdade permanece inacabada e require seguir ampliando esforzos ata alcanzar plenamente a meta dunha sociedade verdaeiramente igualitaria.
Obxectivo xeral: Promover unha comprensión crítica de cómo se construye, reproduce e lexitima a desigualdade de xénero - desde a inferiorización e a obxetivización das nenas e mulleres - para fomentar actitudes e comportamentos igualitarios que posibiliten a igualdade real.
Obxectivos específicos: - Analizar as narrativas históricas e científicas que sustentaron a suposta inferioridade das mulleres e as actitudes sexistas derivadas.
- Comprender como a obxetivización do corpo feminino funciona como un mecanismo contemporáneo de control e subordinación.
- Coñecer os principais marcos de dereitos humanos, sexuais e reprodutivos, así como a evolución da educación sexual, a nivel nacional e internacional.
- Promover actitudes e accións que posibiliten á igualdade real.
Programa detallado
Directora e docente do curso: María Lameiras Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Que é o adestramento personalizado en pequenos grupos?
As adestradoras e os adestradores persoais son profesionais da actividade física e do deporte que prescriben o exercicio dun xeito individualizado, tendo en conta os obxectivos que persiguen as persoas usuarias. Este adestramento personalizado pode realizarse en pequenos grupos que compartan obxectivos e característcas para así reforzar a motivación e a adherencia cara o exercicio das persoas usuarias.
2. Persoas destinatarias
Alumnado, PDI e PAS. No caso de que se chegue ao número mínimo de persoas inscritas nalgún dos grupos, abrirase a inscrición ás persoas non universitarias ata completar o aforo.
3. Duración do programa
Dende o 16 de setembro ata o 27 de xuño, incluíndo dúas sesións semanais de exercicio físico en pequenos grupos con monitor (cun máximo 5 persoas en cada franxa horaria) e unha terceira sesión a maiores os venres (CLASE DE GRUPO TIPO CORE, GAP...)
4. Obxectivos principais
Crear hábitos saudables, mellorar a condición física xeral e adquirir coñecementos básicos para unha actividade física segura e saudable.
5. Procedemento de inscrición
1 º Realizar a pre-inscrición nesta web. En canto se chegue ao número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, estas recibirán un correo electrónico para que confirmen a súa pre-insrición e fagan o pagamento nun prazo máximo de 48 h.
2 º O pagamento poderá efectuarse en liña mediante tarxeta bancaria ou a través da folla de autoliquidación nunha sucursal, caixeiro ou banca en liña dalgunha das entidades bancarias colaboradoras (Santander, ABANCA e CaixaBank).
3 º Unha vez alcanzado o número mínimo de persoas necesario para formar o grupo, abrirase o prazo de inscrición para as persoas non universitarias.
6. Sesión de proba
Podes poñerte en contacto co persoal técnico da sala cardio-fitness para concertar unha sesión de proba.
Duración:
30 horas
Obxectivos:
Metodoloxía:
Dende unha visión global achegarémonos ao mundo da agricultura orgánica explorando diferentes metodoloxías e dando a coñecer as diferentes ferramentas que axuden a entender mellor o funcionamento das nosas terras de cultivo.
Este obradoiro é o segundo de dous obradoiros que se complementan entre si, ademáis das actividades que se propoñen no programa, vanse levar a cabo os traballos propios da época do ano na horta, colaborando co grupo de persoas que están a participar do proxecto de horta colectiva no Campus Universitario.
Docentes: Jacobo Ojea Reyes
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Descrición: Sobre a obra: estase a librar a nai das batallas. Non é a primeira vez na historia, aínda que algunha das veces pode ser a derradeira. A loita é, a grandes riscos, entre a utopía e distopía.
Este obradoiro ten unha duración de 60 horas.
Soamente para as persoas inscritas no obradoiro Maricastaña. Nivel 3 do 1º cuadrimestre
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
OBXECTIVOS E TEMÁTICA 1. Consolidar o obradoiro da Aula de Música Tradicional (AMT), como unha opción formativa no eido da música, dirixida principalmente a subministrar integrantes formados para o Grupo de Música Tradicional (GMT) do campus de Pontevedra. Ao mesmo tempo, a propia AMT, constitúese como un grupo con varias configuracións que pode realizar concertos de xeito independente sempre que sexa requirido para elo. 2. Continuidade na aprendizaxe e perfeccionamento do instrumento elixido así como formación en aspectos estruturais e etnolóxicos relacionados co mesmo. 3. Captación de novo alumnado para aumentar e enriquecer as posibilidades deste proxecto educativo musical.
Requisitos das persoas participantes
- Ser persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo, con funcións propias do PTXAS e cargo orzamentario ao Capítulo I.
- Poñer en coñecemento da Área de Benestar, Saúde e Deporte a intención de participar dentro do prazo marcado nesta web.
- Cumprir a normativa xeral de participación e os criterios de selección establecidos (consultar arquivos ao pé desta web).
- O equipo estará formado por un mínimo de 8 e un máximo de 10 xogadores.
PRAZO INSCRICIÓN Campus de Ourense: do 12 de maio ás 9:00h ata o 4 de xuño ás 14:00h.
Os pasos a seguir son os seguintes:
1º Comprobación de datos:
Na pantalla de “Datos usuario/a” no recadro de “Usuarios/as tutelados” teredes que comprobar que as fillas ou fillos que van a asistir ao campus camp están dados de alta e teñen asignado o colectivo de “Fillo/a de persoa da comunidade UVigo”.
En caso de non estar dados de alta o proceso de solicitude é:
1.-No recadro de “Usuarios/as tutelados “ premer no botón “+Novo”, nesa nova pantalla cumprimentar os campos cos datos do menor .
2.-Na parte dereita de “Documentación obrigatoria” haberá o arquivo co libro de familia escaneado en tódalas follas.
3.-Marcar o recadro de “acepto os termos e condicións de uso”
4.-Por último premer en “Rexistrar”
Unha vez que esta solicitude sexa validada polo servizo de Xestión da Extensión Universitaria, Unha vez sexa validada a solicitude, recibirás unha mensaxe por mail confirmando o Rexistro correcto como usuario/a tutelado/a.
Recomendamos realizar este proceso antes de que se inicie o prazo de inscrición do campus camp.
2º Inscrición: unha vez aberto o prazo de inscrición na actividade correspondente
1.- Selecciona como usuario/a ao fillo/a
2.- Elixe o periodo, períodos ou días soltos nos que se inscribirá.
3.- Cumprimenta o cuestionario con “Información extra”, e sube como arquivo pdf a tarxeta sanitaria da filla/fillo.
4.- Confirma a inscrición e no caso de inscribir a un 2º ou sucesivo fillo/a, preme no botón de “Continuar mercando” e realizar os mesmos pasos que co 1 filla/o.
5.-Premer no botón de “tramitar pedido” e elixe o método de pago.
Neste momento pódese visualizar o desglose da contía a pagar, que incluirá os descontos correspondentes de conformidade coa convocatoria.
IMPORTANTE: de non realizarse o pagamento no prazo indicado, segundo o método elixido, a inscrición se eliminará automáticamente.
Información descontos en función do número de fillos/as:
Aplicaranse sempre e cando os/as nenos/as sexan matriculados no mesmo periodo.
No caso de “días soltos”, nos que non haberá dereito a desconto.
- 10% no 2º fillo/a.
- 15% no 3º fillo/a
- 20% no 4º fillo/a
- 25% no 5º fillo/a
Contacto consultas: asc-ou@uvigo.gal
PRAZO DE RESERVA de praza para o campus de Pontevedra: do 29 de abril ás 09:00h ata o 6 de maio ás 14:00h.
Notas de interese:
O mínimo de solicitudes de reserva de prazas é de 15 menores:
a.- Se non se acada este mínimo: non se abrirá prazo para a formalización da inscrición neste campus.
b.- Se se acada o mínimo: as persoas solicitantes recibirán un aviso por correo electrónico especificando un prazo para formalizar a súa inscrición e efectuar o pago correspondente.
Rematado este prazo e de non formalizarse todas as solicitudes (mínimo 15 menores) con reserva previa, as persoas inscritas que o desexen poderán optar por indicar o seu interese en que as/os fillas/os participen no campus de Vigo ou ben solicitar a devolución dos prezos aboados a través do procedemento establecido ao efecto.
Guía informativa:
PRAZO INSCRICIÓN: do 12 de maio ás 9:00h ata o 4 de xuño ás 14:00h.
PRAZO INSCRICIÓN Campus de Vigo: do 12 de maio ás 9:00h ata o 4 de xuño ás 14:00h.
Contacto consultas: extension@uvigo.gal
Este curso ten unha duración de 27 horas.
Descrición:
-Analizar a creación audiovisual en todas as súas variantes, soportes e formatos, substanciada nunha obra ou produto destinado a ser gozado e consumido polos receptores.
-Contar con profesionais do sector das industrias culturais e creativas con máis pulo de Galicia, en diversos aspectos creativos (dirección, guión, produción, fotografía, música, etc.), e vinculados ás industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación.
-Estudar distintos formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos.
-Desenvolver talleres con profesionais do sector relacionados co audiovisual.
Director e docente: Paulino Pérez Feijoo
Descrición: Obradoiro con repertorio variado de danzas que inclúe danzas infantís, xuvenís, históricas e populares dos cinco continentes onde se traballa a conciencia corporal, a hixiene postural, o ritmo, a musicalidade, a coordinación, a propiocepción e as calidades do movemento e a conciencia espacial.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas (incluidas 3 horas de traballo individual do alumnado)
Directora: Ana María Torrado Agrasar
Docentes: Ainhoa Linaza Bao, Ana María Torrado Agrasar
Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Nos últimos anos, o medio natural está a experimentar un deterioro notable debido a múltiples causas, entre elas o cambio climático e a influencia directa das actividades humanas. Por iso, as políticas actuais apuntan a fomentar modelos sociais máis respectuosos co ambiente e orientados cara a un desenvolvemento sostible. De cara ao futuro, será imprescindible acadar unha harmonía entre a conservación da natureza e o avance económico
Neste curso abordaranse importantes desafíos no Espazo Natural Protexido Reserva de Biosfera Transfronteriza Xurés-Gerês, como por exemplo a degradación de hábitats, a presenza de especies invasoras ou os efectos do cambio climático, que provocan a perda de prácticas tradicionais beneficiosas para a paisaxe. Ademais, a súa natureza transfronteriza esixe unha xestión coordinada entre Galicia e Portugal. A pesar disto, este espazo conta con grandes oportunidades, como por exemplo, espazos que están sufrindo restauración ecolóxica así como a recuperación de bosques, humedais e turbeiras. Tamén destaca o impulso do ecoturismo sostible e a participación activa das comunidades locais, visitantes e escolares que reforzan a conservación e o desenvolvemento do territorio, fomentando o pensamento crítico e a conciencia ambiental en relación coa xestión do medio natural, destacando a importancia da protección de espazos naturais como a Reserva de Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.
No prezo do curso está incluido o aloxamento e a manutención, así como o desprazamento do primeiro día Ourense-Muiños e do último día Muiños-Ourense.
Directoras e docentes: María Fernández González e Mª del Carmen Seijo Coello
Fin prazo de inscrición: 25 de agosto de 2026
REQUISITOS BÁSICOS
Preferencias polo ámbito clínico e tecnolóxico, con coñecementos de ambos.
OBXECTIVOS E TEMÁTICA DO CURSO
Revisar a anatomía e fisioloxía do aparello cardiovascular.
Todo o obradoiro terá moi presente a posibilidade de incorporar a intelixencia artificial (IA) nos conceptos impartidos.Obradoiro de electrocardiografía. Algoritmo de actuación no síncope: oportunidades para a intelixencia artificial (IA).
Recoñecer e identificar por ECG o tipo de Bradicardia e Taquicardia. Oportunidades en IA. Diferenciar e filiar unha dor torácica segundo as súas características. Coñecer o manexo dos síndromes coronarios agudos na actualidade. Diferenciar e filiar a disnea segundo as súas características. Algoritmo de actuación no tromboembolismo pulmonar agudo. Oportunidade para a IA. Coñecer as indicacións e contraindicacións dos grupos farmacolóxicos máis utilizados. Oportunidades de IA. Recoñecer as peculiaridades psicolóxicas dunha situación de urxencia e aprender a manexala.
Coñecer as causas máis frecuentes de parada cardíaca. Practicar o algoritmo de actuación na reanimación cardiopulmonar básica e posición lateral de seguridade. Incorporar coñecementos de tecnoloxía sanitária no entorno cardiovascular.
Docentes: Marisol Bravo Amaro, Laura Arnaiz Betolaza, Elisa Blanco González, Rafael Cobas Paz, Mónica Pardo Fresno, Elvis Teijeira Fernández, Pilar Cabanas Gandío, Saleta Fernández, Francisco Calvo Iglesias, Inmaculada González Bermúdez, María Torres Durán, Nicolás López Canoa, David Dobarro Pérez, Manuel Barreiro Pérez, Pablo Domínguez Erquicia, Berenice Caneiro, Lucía Riobó Lestón, Sergio Raposeiras Rubin
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O estudantado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
O obxectivo deste Obradoiro e adquirir unha visión xeral de todos os elementos que componen un sistema espacial, retos e beneficios que levan asociados estes sistemas.
Docentes: Guillermo Calvo Hermo, Manuel Diz Folgar, Ezequiel Andrés Rguez Bracamonte, Sergio Benjamín Rguez López, Miguel de Otaola Savio, Marco Merino Teijeiro, Hugo Lario Citoula, Pablo Fernández Fdez, Martín Zamora Rguez,
Duración do curso: 32 horas
A actual crise ecolóxica e social require de novas formas de intervención que integren a dimensión ambiental, social e comunitaria. A perspectiva ecosocial propón analizar os sistemas humanos como parte dun ecosistema máis amplo e ecodependente, promovendo prácticas de sustentabilidade, cooperación e resiliencia comunitaria. Este curso pretende introducir ferramentas de facilitación de procesos persoais, grupais e comunitarios desde una mirada ecosocial, incorporando metodoloxías participativas e enfoques como a permacultura social, a facilitación de grupos e a avaliación participativas das intervencións. A formación combina marco teórico, metodoloxías de facilitación e prácticas vivenciais e aplicadas, permitindo as persoas participantes experimentar ferramentas que poden trasladar a contextos sociais, educativos ou comunitarios.
Obxectivo xeral: capacitar as persoas participantes no uso de ferramentas e procesos de facilitación para deseñar e desenvolver intervencións con enfoque ecosocial.
Obxectivos específicos:
- Comprender os fundamentos e principios do enfoque ecosocial.
- Analizar os procesos individuais, grupais e comunitarios desde unha perspectiva ecosocial.
- Coñecer ferramentas de facilitación e participación.
- Aplicar principios da permacultura á intervención social.
- Deseñar pequenas intervencións ecosociais nos niveis micro, meso e macro da práctica.
- Desenvolver criterios para avaliar intervencións con enfoque ecosocial.
O curso desenvolverase mediante unha metodoloxía participativa e experiencial, combinando: exposicións teóricas breves, dinámicas grupais, simulacións de facilitación, análise de casos reais, traballo colaborativo, exercicios de participación, deseño colectivo de intervencións, obradoiros prácticos de ferramentas e traballo en pequenos grupos. Promoverase a aprendizaxe colectiva, a reflexión crítica e a experimentación práctica.
Coñecer o estado actual da industria de producción de música e as súas oportunidades.
Coñecer e aplicar de xeito práctico os procesos de producción de música tanto no eido do son orgánico/analóxico como no do electrónico/dixital.
Visión xeral do sector. Estudo de casos.
Produción musical, gravación, daws, plugins, procesos básicos e avanzados en home studio.
Produción musical avanzada en estudio de gravación. Xestión de proxectos profesionais.
Gravación e produción de música orgánica/acústica.
Produción de música electrónica/dixital. Técnicas e recursos.
IAs para produción musical.
Proxecto grupal en estudo de gravación I.
Proxecto grupal en estudo de gravación II.
Proxecto individual en home studio I.
Proxecto individual en home studio II.
O obxectivo deste curso de iniciacion ao baile tradicional galego será dobre:
Por unha banda aprender o imprescindible para poder participar de maneira activa e divertida nunha foliada e pola outra, axudar a gañar forma física, xa que o baile é un exercicio físico aeróbico cunha certa esixencia. Así, achegarase á muiñeira e á xota, os dous ritmos soltos do noso baile tradicional. Aprender os seus pasos base: picados, cortes, pasos saltados, adiante-atrás, patadas e couces.
Coñecer as regras que rexen a combinación dos pasos base para convertelos en puntos, como se estrutura a muiñeira e a xota, coas súas similitudes e diferenzas.
Ao mesmo tempo, terán cabida neste curso os principais ritmos agarrados: o pasodobre e o valse, sen esquecer como se leva e como hai que deixarse levar.
Para saber de onde vén o que se aprende, proxectarase algún corte de recollidas realizadas polo territorio galego dende mediados da década dos oitenta ata a actualidade. Todas as sesións comezarán cun quecemento, irase subindo a esixencia física progresivamente, tendo sempre en conta a forma física das persoas participantes, e rematarase cos estiramentos imprescindibles e necesarios para evitar sufrir lesións ou dores musculares.
O curso impartirase en dúas sesións diarias de hora e media cada unha. A profesora encadrará ás persoas participantes en dous grupos, un de INICIACIÓN e outro de CONTINUACIÓN en función das súas habilidades e destrezas en baile tradicional galego.
Descrición: O contexto educativo actual está marcado por profundas transformacións metodolóxicas, sociais, tecnolóxicas e culturais que interpelan directamente á universidade como espazo de formación crítica, compromiso social e innovación pedagóxica. Neste escenario, resulta imprescindible ofrecer ao alumnado oportunidades formativas que lles permitan pensar a educación desde unha perspectiva integral, conectando coñecemento académico, acción social e metodoloxías activas de aprendizaxe.
Este curso de extensión universitaria nace coa finalidade de promover unha aprendizaxe significativa e comprometida, centrada en aprender, pensar, crear e transformar a realidade educativa e social desde unha mirad socioeducativa.
O curso integra enfoques actuais como a educación socioeducativa, as metodoloxías activas e a conexión entre a aula e o contorno, favorecendo unha aprendizaxe experiencial, reflexiva e colaborativa. Deste xeito, o alumnado non só adquire coñecementos teóricos, senón que desenvolve competencias clave para a súa formación persoal, académica e profesional, como o pensamento crítico, a creatividade, o traballo en equipo e o compromiso coa transformación social.
O curso preséntase, así, como un espazo para conectar saber, acción e reflexión, favorecendo unha educación con impacto real máis alá da aula.
Os obxectivos do curso son os seguintes:
-Fomentar unha compresión crítica da educación como ferramenta de transformación social, promovendo no alumnado a capacidade de analizar a realidade educativa desde unha perspectiva socioeducativa e comprometida.
-Explorar e aplicar metodoloxías activas, intelixencia artificial e enfoques STEAM para favorecer procesos de aprendizaxe significativos baseados na creatividade, na experimentación, no pensamento crítico e no traballo colaborativo.
-Coñecer e utilizar recursos educativos innovadores, para o deseño de propostas educativas contextualizadas, éticas e adaptadas a distintos ámbitos socioeducativos.
Este curso de extensión ten unha duración de 30 horas .
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Comprender os fundamentos culturais e políticos da IA.
Analizar como esta tecnoloxía transforma o ecosistema da produción cultural no sector das
profesións creativas
Introducir un marco de análise crítica sobre as imaxes operativas e as infraestructuras dixitais.
Desenvolver prácticas creativas experimentais con Inteligencia Artificial e explorar as posibilidades de apropiación crítica desta tecnoloxía.
Cultura visual algorítmica e o concepto da imaxe operativa.
Economía política da lntelixencia Artificial.
IA, creatividade e prácticas artísticas e profesionais contemporáneas.
Taller práctico: Desmontando a imaxe xerada. Introducción á xeración de imaxes, experimentación
con prompts e análise de sesgos.
Taller práctico: Datasets como material creativo. Exploración de datasets abertos, construción de
microdatasets e visualización e clasificación de datos.
Conseguir que as e os asistentes adquiran unha base de coñecementos que lles permita ter unha visión xeral dos moldes, das súas características e das súas aplicacións.
Favorecer a asimilación dos contidos do curso de forma próxima á realidade, de modo que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil.
Fomentar a cooperación e o traballo en equipa.
Desenvolver e explorar a técnica de realización de moldes, e as súas posibilidades.
Coñecer os procesos básicos de elaboración de moldes con escaiola.
Realizar un proxecto de molde, deseñado para a peza de cada participante.
Realizar a reprodución das pezas co molde.
Expoñer distintos acabamentos das pezas.
Fin prazo de inscrición: 15 de setembroo de 2026
Docentes: Iria Vázquez López, Olga Cameselle, Susana Garrido, Macarena Montesinos, Marco Maril, María Rodríguez
Duración do curso: 30 h
Este curso é continuación dos que foron ofertados na programación de cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense nos anos 2023, 2024 e 2025 co mesmo título "Ourense no tempo: Historia Arte e Tradicións", con 40 estudantes matriculados de media e unha boa avaliación por parte dos asistentes.
Temática: Impartirase a modo de xornadas de divulgación científica das investigacións que leva a cabo a comunidade universitaria do Departamento de Historia, Arte e Xeografía con temática relacionada coa provincia de Ourense, así como as de outros investigadores externos especializados no tema.
O curso terá carácter multidisciplinar e fará un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte, a arqueoloxía e as tradicións da provincia de Ourense, dende a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos com artísticos e etnográficos.
Algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados pola cidade de Ourense e por lugares históricos e arqueolóxicos dos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín (comarca da Limia) e Bande, Muiños, Entrimo e Lobios (comarca da Baixa Limia).
Obxectivos: 1. Transmitir o coñecemento científico xerado polos investigadores e as investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar. 2. Proporcionar ferramentas e exemplos na utilización de diferentes tipos de fontes para a investigación histórica e arqueolóxica. 3. Aplicar o coñecemento interdisciplinar e xerar espazos de discusión co estudantado. 4. Contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores (en liña coa axenda 2030). 5. Achegar instrumentos e ferramentas para a elaboración de discursos de comunicación e divulgación igualitarios e inclusivos (en liña coa axenda 2030).
Programa do curso
Director do curso: Xosé Ramón Campos Álvarez
Fin prazo de inscrición: 2 de xullo de 2026
Docentes: Josefina Garrido González, Carlos Fernández Rodríguez, José Manuel Pereira Vega, Leonor Calvo Galán, José Eduardo Nieto Santín, Eduardo Berriatua Fernández, Cristina Dapía Neira, Bernardo López Santamarín, Francisco Arias Ferrero, Ramiro López Medrano, Mª Natividad Fuertes Prieto, Abel Arias Ferrero, Darío Fidalgo Casares, Blanca de la Nogal Fernández.
Os socios da Asociación Cultural Burval, que o sexan a data 15/05/2026 e o alumnado da Universidade de León, gozarán de redución no prezo de matrícula.
Para facer efectivo o dito desconto deberán seguir as seguintes indicacións:
1- Solicitar o recoñecemento como membro da Asociación cultural Burval ou como alumnado da Universidade de León. En https://campusactivo.uvigo.gal/ , unha vez se autentiquen, entrar na columna da esquerda en “Nova operación/Nova alta en colectivo especial”.
2- Unha vez validada a súa solicitude, recibirá un e-mail de confirmación.
3- Deberá proceder a inscribirse no curso, pagando a cota correspondente.
Contribuír ao desenvolvemento da competencia dixital docente.
Desenvolver habilidades propias do pensamento científico e do pensamento computacional, e establecer relacións entre elas.
Analizar as posibilidades pedagóxicas de distintos kits programables e dispositivos interactivos como recursos para o ensino das ciencias.
Promover a transformación dos espazos educativos cara contornas máis experimentais, colaborativas e inclusivas.
Deseñar propostas didácticas baseadas nun enfoque STEAM e alineadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
Fin prazo de inscrición: 15 de setembro de 2026
Portátil propio
Obradoiro práctico orientado a persoas con coñecementos básicos de programación electrónica;
- Comprender os fundamentos da robótica: cinemática básica, actuadores e sensórica.
- Programar comportamentos autónomos en microcontroladores Arduino/ESP32 usando C/C++.
- Deseñar e imprimir en 3D a estrutura mecánica dun robot desde cero.
- Integrar sensores de proximidade, seguimento de liña e visión básica.
- Controlar motores DC, servomotores e drivers de potencia.
- Desenvolver un proxecto final de robot funcional: seguidor de liña ou brazo articulado.
O obradoiro divídese en dúas partes:
1. Mecánica e electrónica: deseño 3D e impresión da estrutura, motores e drivers, servomotores, sensores de distancia e liña, integración electrónica.
2. Programación e comportamento: C/C++ para robótica, máquinas de estados, control PID básico, comunicación serie e proxecto final con demostración pública.
Docentes: Yago González Puente, Fernando Flores García,