1.- Que son os Jogos Galaico - Durienses?
Desde o ano 1993, os Xogos Deportivos Universitarios Galaico-Durienses reúnen a alumnado das universidades da Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Minho, Trás-os-Montes e Alto Douro e Porto para convivir e estreitar lazos a través da práctica deportiva.
2.- A XXXVI edición dos Jogos:
A edición destes ano celebrarase en Vila Real organizada pola Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro e nela daranse cita 150 alumnos e alumnas de seis institucións académicas galegas e do Norte de Portugal.
3.- Modalidades:
Balonmán feminino, campo a través + carreira de orientación, fútbol 5 masculino, tenis e volei praia.
4.- Representación da Uvigo:
A Área de Benestar, Saúde e Deporte realizará a selección das persoas que a representen nesta competición entre todas as pre-inscritas nesta web e en función dos criterios técnicos establecidos pola Comisión de Extensión Universitaria e os/as responsables técnicos de cada modalidade deportiva. As persoas seleccionadas terán recoñecida a súa participación con 15 h. ECTS, obterán o recoñecemento como Deportistas de Nivel Intermedio da Uvigo e disfrutarán dunha viaxe con desprazamento, aloxamento e manutención incluídos. Vive a experiencia de competir, convivir e sumar enerxía coa #UVigo!