Descrición: Neste obradoiro abordaremos a rexeneración ecosocial, en todos os seus eixes e como integrala en calquera iniciativa que as participantes desexen emprender. Afondando en materias como a cultura de paz, a permacultura, o ecofeminismo e diversos desafíos como a crise climática, capacitarase para deseñar accións rexenerativas nos diferentes ámbitos social, ecolóxico ,político, económico e cultural
Este obradoiro ten unha duración de 22 horas (incluídas 2 horas de traballo individual do alumnado).
Programa detallado
Director: Francisco Javier Aguiar Fernández
Docentes: Francisco Javier Aguiar Fernández, Marta Pernas Rodríguez e Matías Mesa Garcia
Ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Módulo 1. Introdución á Rexeneración Ecosocial. Módulo 2. Contexto actual de crise climática e sistémica. Módulo 3. A Permacultura e o Ecofeminismo como ferramentas chave para deseñar un mundo sustentable, interseccional e xusto. Módulo 4. Marco político e lexislativo: ODS e Axenda 2030, Pacto Verde Europeo e outras estratexias para a transición eco-social. Módulo 5. Narrativas e alternativas de Resiliencia ecosocial. Mapeo de iniciativas e recursos en Galicia. Módulo 6. Ferramentas para a rexeneración ecosocial no ámbito local con impacto global. Módulo 7. Deseño colectivo dunha acción eco-social con impacto positivo na comunidade universitaria. Módulo 8. Resultados e posta en común. Sinerxias para un futuro sostible.