Este curso ten unha duración de 31 horas.
Descrición:
-Analizar a creación audiovisual en todas as súas variantes, soportes e formatos, substanciada nunha obra ou produto destinado a ser gozado e consumido polos receptores.
-Contar con profesionais do sector das industrias culturais e creativas con máis pulo de Galicia, en diversos aspectos creativos (dirección, guión, produción, fotografía, música, etc.) , e vinculados ás industrias culturais, co fin de analizar a situación do sector e as novas posibilidades transversais de actuación.
-Estudar distintos formatos, así como o proceso de consolidación do ecosistema audiovisual, do seu equilibrio industrial e creativo, e os pasos que se están a tomar para a súa normalización no país á marxe de soportes e formatos.
-Realizarase un taller de produción audiovisual, baixo o título "Celanova, plató de ficción", desenvolvido polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.
Director e docente: Miguel Anxo Fernández Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Luns, 24 de xuño. As curtas como formato narrativo
16.00 h. Acreditación e recollida de documentación
16.15 h. Saúdo e presentación dos directores do curso. Inauguración oficial.
Paulino Pérez Feijoo. Doutor en Comunicación Audiovisual e profesor de Comunicación Audiovisual.
Miguel Anxo Fernández. Doutor en Comunicación Audiovisual, crítico de cinema e televisión e profesor asociado de Comunicación Audiovisual. Universidade de Vigo
16.30 h. Nena [Ficción, Galicia, 2022]. Saúl Rivas. Contidos
17.00 h. O frío [Ficción. Galicia, 2024]. Pablo Dopazo. Guionista e director / Anna Kulyk. Produtora
17.30 h. Habitar [Documental. Galicia, 2023]. Silvia Fuentes. Directora de produción.
18.30 h. Nai [Ficción. Galicia, 2024]. Tito Refoxo. Director e guionista
19.00 h. Betas [Ficción. Galicia, 2024]. Alberto Senín Porto. Director e guionista
19.30 h. Faladorio entre relatores e alumnado
20.15h. Fin da xornada
Martes, 25 de xuño. Os espazos e as narrativas
10.00 h. As neves [Proxección audiovisual: As neves. Ficción, España, 2024]
12.00 h. Guión, dirección e produción en As neves
Sonia Méndez. Directora e guionista
Silvia Fuentes. Directora de produción
Nati Juncal. Produtora
14.00 h. Descanso para xantar
16.00 h. Maquillaxe e perruquería en As neves
Sonia García. Xefa de maquillaxe e perruquería
17.45 h. Master class. No camiño. Películas de horizonte, vereda e estrada
José Manuel López. Doutor en Comunicación e profesor da Universidade de Vigo
20.00 h. Fin da xornada
Mércores, 26 de xuño. A historia e as historias
10.00 h. Tratamos demasiado bien a las mujeres. [Proxección audiovisual: Tratamos demasiado bien a las mujeres. Ficción, España, 2024]
12.00 h. O reto de dirixir Tratamos demasiado bien a las mujeres
Clara Bilbao. Directora
16.00 h. Os efectos especiais en Tratamos demasiado bien a las mujeres
Francisco Porras. Supervisor de VFX
18.00 h. A dirección de produción en Tratamos demasiado bien a las mujeres
Toni Veiga. Dirección de produción
19.15 h. Visita guiada ao mosteiro de Celanova
Xoves, 27 de xuño. Humor, identidade e cultura
10.00 h. +Cuñados. [Proxección audiovisual: +Cuñados. Ficción, España, 2024]
12.00 h. Traballo actoral en +Cuñados.
Federico Pérez. Actor
Xosé Touriñán. Actor
16.00 h. Música e fotografía en +Cuñados.
Santi Jul. Música
Sergio Franco. Fotografía
18.15 h. Produción en +Cuñados.
Javi Lopa. Director de produción
Venres, 28 de xuño. 20 anos co cinema galego
10.00 h. Taller “Celanova: plató de ficción”. Presentación da webserie Dúas señoras
Uxía Soutullo. Directora
Luján Monteiro. Directora
Alejandra Justo. Produtora
Paulino Pérez Feijoo. Director do taller
12.00 h. Mesa redonda. “O audiovisual galego: industria audiovisual?”
Uxía Caride. Asociación Galega de Produtoras Independentes
Fon Cortizo. Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización
Álvaro Pérez. Academia Galega do Audiovisual
13.00 h. Acto oficial de clausura e entrega de diplomas. Despedida e sesión de Fotocall
14.00 h. Fin do Curso