“Museo de Ciencias Naturales y Etnográfico de los PP. Paules” e o Teatro Villafranquino Enrique Gil (Villafranca del Bierzo-León).
OBXECTIVOS E TEMÁTICA DO CURSO
Docentes: Josefina Garrido González, Carlos Fernández Rodríguez, José Eduardo Nieto Santín, Francisco Javier García Bueso, Cristina Dapía Neira, Bernardo Lopez Santamarina, Francisco Arias Ferrero, Ramiro López Medrano, Antonio Trigo García, Adrian Escudero Álcantara, Luis Navarro Echeverría, Fernando Valladares Ros e Fernando Brugman Álvarez de Toledo.
Programa detallado: ver ao final da páxina.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Os socios da Asociación Cultural Burval, que o sexan a data 08/05/2024 e o alumnado da Universidade de León, gozarán de redución no prezo de matrícula.
Para facer efectivo o dito desconto deberán seguir as seguintes indicacións:
1- Solicitar o recoñecemento como membro da Asociación cultural Burval ou como alumnado da Universidade de León. En https://campusactivo.uvigo.gal/ , unha vez se autentiquen, entrar na columna da esquerda en “Nova operación/Nova alta en colectivo especial”.
2- Unha vez validada a súa solicitude, recibirá un e-mail de confirmación.
3- Deberá proceder a inscribirse no curso, pagando a cota correspondente.
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 30 horas. O estudantado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.