1. Descricion: en paralelo ao Campionato Galego Univeristario de Orientación desenvolverase unha categoría de iniciación non competitiva para aquelas persoas que desexen iniciarse neste deporte. Poderá realizarse de xeito individual, por parellas ou pequenos grupos. A organización proporcionaralle ás persoas participantes mapa, compás, pinza electrónica ou manual e avituallamento ao rematar a proba.
2. Persoas destinatarias:
Comunidade universitaria e familiares, comunidade alumni e outros colectivos vencellados á Uvigo. Non son necesarios coñecementos nin experiencia previa.
Os nenos/as menores de 12 anos recoméndase que fagan o percorrido acompañados dunha persoa adulta. A partir do dia 27 de abril, no caso de quedar prazas libres, abrirase a inscrición ao público en xeral ata completar o grupo.
3. Percorrido
O percorrido desta categoria de iniciación será de aproximadamento 2 km.
4. Punto e hora de encontro
As persoas participantes deberán estar ás 09.30 na praza Miralles para unha pequena charla informativa sobre as nocións básicas do deporte de orientación e manexo do mapa e o compás.
5. Outra información de interese: descarga o boletin informativo ao pé desta páxina.