Teatro Afundación de Vigo (r/ Policarpo Sanz, 13)
O tradicional Concerto de Nadal da Universidade de Vigo terá lugar este ano no Teatro Afundación de Vigo (r/ Policarpo Sanz, 13)
A asistencia a este concerto será por invitación (cada persoa terá dereito a dúas invitacións)
Se precisas autobús para asistir dende Ourense ou Pontevedra preme AQUÍ
Orquestra Clásica de Vigo
DIRECTOR: Manuel Martínez Álvarez-Nava
SOLISTA Emín Kiourktchian
W.A. Mozart (1756-1791) Don Giovanni, K. 527 (1787) «Obertura»
Edvard Grieg (1843-1907) Concerto para piano, Op. 16 (1868) «Allegro molto moderato» «Adagio» «Allegro moderato molto e marcato»
Frank Bridge (1879-1941) Berceuse (1901)
Gustav Holst (1874-1934) Two songs without words, Op. 22 (1906) «Country song» «Marching song»
A Orquestra Clásica de Vigo
A Orquestra Clásica de Vigo nace en 1984, sendo a formación máis antiga de Galicia, apostando dende os seus comezos pola formación e a innovación nos formatos. Por esta orquestra pasaron artistas como Jorge Risi, Maristella Patuzzi, Jorge Abreu, Berta Feresco, Severino Ortiz ou Guillermo Pastrana. Unha formación cunha tempada sinfónica estable na cidade de Vigo que aposta pola diversidade na oferta con proxectos complementarios como o Festival de Órgano 8pés ou o ciclo de música antiga Un camiño ben temperado nos que se tivo a oportunidade de contar con grandes artistas como Arturo Barba, Loreto Aramendi, Juan de la Rubia ou Daniel Oyarzabal.
Nos seus 38 años de historia as obras interpretadas cóntanse por centos, e nos últimos anos realizou propostas de danza, cine en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. A Orquesta Clásica de Vigo non entende de estilos ou etiquetas na súa programación, que se plantexa como un espazo aberto de debate co que realizar novas propostas e atraer a públicos distintos aos da música clásica tradicional.
Manuel Martínez Álvarez-Nava | Director titular e artístico
Nado en Oviedo en 1957. Discípulo do mestre Alfonso Ordieres Rivero, estuda violín e viola no Conservatorio Superior de Asturias. Posteriormente amplía os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda dirección de orquestra co mestre Jacques Bodmer, discípulo do lendario mestre Hermann Scherchen.
Foi profesor violista da Orquesta Sinfónica de Asturias “Angel-Muñiz Toca” entre 1977 e 1983. Fundador, Solista e Concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que tamén foi director adxunto. Desde o curso 1983-84, é catedrático de violín no Conservatorio Superior de Música de Vigo e Director Titular da Orquesta Clásica de Vigo desde a súa creación en 1984.
Emín Kiourktchian, piano
Emín Kiourktchian Tedtoeva, pianista Nace o 22 de novembro de 2004. Provén dunha familia de ampla tradición musical. Comeza os seus estudos musicais a temperá idade coa súa nai, a pianista Larisa Tedtoeva, continuando máis tarde no Conservatorio Profesional de Música «Músico Zyriab» de Córdoba, onde estudou cos profesores Ramón Cabanillas e Luís Tomás, o seu profesor actual.
En 2017 recibe o Primeiro Premio e Premio Especial pola interpretación dunha obra de Bach no Concurso Internacional de Piano «Pequenos Grandes Pianistas» de Sigüenza. En setembro dese mesmo ano obtivo unha bolsa para cursar estudos na Academia Amadeus de Viena. No verán de 2018 participou no festival internacional
Sommerfestival Orpheus in Wien, recibindo clases de Millena Molova (alumna de Emil Gilels) e posteriormente de Evgeny Kisin. En abril de 2021 obtén o Primeiro Premio e Premio á mellor interpretación de Beethoven no Concurso Nacional de Mozos Pianistas «Ciudad de Albacete» e en decembro álzase co Primeiro Premio da categoría de Grao Profesional dos 20º Intercentros Melómano.
Actuou como solista coa Orquestra Filarmónica de Málaga e a Orquestra Nova da Región de Murcia baixo a batuta, en ambas as ocasións, de Manuel Hernández Silva. Así mesmo, actuou coa Orquestra Sinfónica Teatro Castelar, con dirección de Octavio J. Peidró, e coa Orquestra de Córdoba, con dirección de Tobias Grossmann, tras ser seleccionado como mellor alumno do seu conservatorio. Así mesmo, actuou xunto á Neue Philharmonie Hamburg na Catedral de Berlín e coa Orquestra Filarmónica de Vladicaucaso (filial da Orquestra Sinfónica do Teatro Mariinski).