O Campus de Pontevedra conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
Normativa de acceso e uso:
- É necesario realizar unha reserva previa ao momento do uso a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal.
- No caso de verse superada a cabida máxima denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instlación é de 16 anos.
- O uso da máscara será obrigatorio durante todo momento, incluíndo durante a realización do exercicio.
- Deberase utilizar unha toalla grande para evitar o contacto directo coa superficie dos equipamentos.
- As persoas usuarias limparán o material utilizado antes e despois do seu uso.
- Non se poderá entrar con calzado da rúa, chancletas, sandalias, roupa non deportiva, bolsas ou mochilas.
- Establécese en 90 min o tempo máximo de utilización das salas cardio-fitness para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.
Características técnicas da instalación
- Ano de apertura: 2009
- Dimensións (m2): 230
- Tipo de pavimento: goma
- Modalidades deportivas: cardiovascular e fitness
- Localización: pavillón universitario
- Cabida deportistas: 25
- Vestiarios: si
- De setembro a xuño: luns a venres de 08:15 h a 22:15 h. Sábados e domingos: pechado
- Nadal: luns a venres de 09:00 h a 14:00 h. Sábados e domingos: pechado
- Semana Santa: pechado
- Xullo: luns a venres de 09:00 h a 14:00 h. Sábados e domingos: pechado.
- Do 1 ao 4 de agosto: luns a venres de 09:00 h a 14:00 h. Sábados e domingos: pechado
- Do 7 ao 22 de agosto: pechado
- Do 23 ao 31 de agosto: luns a venres de 09:00 h a 14:00 h. Sábados e domingos: pechado