A Área de Benestar, Saúde e Deporte dispón dun servizo de aluguer de bicicletas BTT no interior do Pavillón Universitario do Campus Lagoas - Marcosende.
Normas de uso xerais:
- O acceso a este servizo farase a través de entradas puntuais multi-deporte, abono Muver ou abono Ponte en Forma.
- A bicicleta prestarase durante períodos máximos de 3 horas.
- O uso limitarase ás rutas e espazos próximos ao Campus Lagoas-Marcosende.
- Non está permitida a circulación de bicicletas na pista de footing.
- Deberase facer un uso correcto da bicicleta e devolvela no mesmo estado de funcionamento no que se recibiu.
- Ao finalizar a reserva, a persoa usuaria utilizará a mangueira que se atopa na porta de entrada do pavillón para limpar a bicicleta antes de devolvela.
O Campus Lagoas - Marcosende conta cun campo de herba natural para a práctica do rugby e o fútbol 11.
Normas de uso e reserva
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos de persoas. Para solicitar este espazo deberá identificarse nesta web e achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva. Para cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A persoa responsable da reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 14 no caso de medio campo e de 22 no caso do campo enteiro. De non acadar este número, aplicarase a tarifa xeral para persoas non universitarias.
- A práctica deportiva realizarase con botas con tacos de goma ou metálicos.
- O público, de habelo, non poderá en ningún caso ocupar a zona correspondente ás pistas de atletismo e ao circuíto exterior para carreira a pé.
Características técnicas da instalación
- Ano de apertura: 1990
- Dimensións (m2): 7668 (108 x 71)
- Tipo de pavimento: herba natural
- Modalidades deportivas: fútbol 11, rugby
- Localización: instalacións exteriores
- Cabida deportistas: 50
- Cabida público xeral: 200
- Vestiarios: si
O Campus Lagoas - Marcosende conta cun campo de herba sintética para a práctica do fútbol 11 e do fútbol 7/8.
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos de persoas. Poderanse facer reservas de medio campo ou do campo enteiro.
- Para reservar este espazo deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun dia ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da administración.
- Para cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- No suposto de que a pista ou algunha das súas divisións non estea ocupada, poderase solicitar a súa utilización nese intre de xeito gratuíto por parte de calquera persoa da comunidade universitaria, excepto os fins de semana, aínda que non cumpra co mínimo de persoas necesario establecido no punto anterior.
- A práctica deportiva realizarase con botas multitaco ou de tacos de goma.
- Non está permitido fumar nin comer en todo o recinto deportivo.
- Ano de apertura: 2002
- Dimensións (m2): 6615 (105 x 63)
- Tipo de pavimento: herba sintética
- Modalidades deportivas: fútbol 11, fútbol 7/8
- Cabida deportistas: 40
- Cabida público xeral: 420
O Campus de Ourense conta cun campo de herba sintética para a práctica do fútbol (7, 8 e 11) e do rugby.
Normas de uso:
- A persoa responsable da reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- No suposto de que a pista ou algunha das súas divisións non estea ocupada, poderase solicitar a súa utilización nese intre de xeito gratuíto por parte de calquera persoa da comunidade universitaria, aínda que non cumpra co mínimo de persoas necesario establecido no punto anterior.
Características técnicas da instalación:
- Ano de apertura: 2011
- Dimensións (m2): 7924,29
- Cabida público xeral: 288
O CDU BeOneOurense é unha instalación deportiva sita no Campus Universitario s/n, 32004. Está xestionada pola empresa BeOne. e conta cunha piscina de 20 m, unha sala de actividades dirixidas e unha sala cardio-finess.
A comunidade universitaria pode acceder a esta instalación a través dos abonos combinados do Servizo de Deportes ou directamente facéndose socio ou socia do CDU BeOne Ourense.
> Persoas socias do CDU BeOne Ourense - Para consultar toda a información sobre esta instalación, visita a súa web: BeOne CDU Ourense
O Centro Deportivo Universidade de Vigo é unha instalación deportiva sita no Campus Lagoas - Marcosende. Está xestionada pola empresa Instinto Deportivo S.L. e ofrece prezos especiais para a comunidade universitaria e conta cunha piscina de 20 m, unha sala de actividades dirixidas, unha sala de spinning, unha sala cardio-finess, unha pista de squash, sauna e jacuzzi.
Contacto e máis información:
Páxina web: Instintodeportivo/vigo
Tel.: +34 986 468 531
Correo electrónico: cdu@instintodeportivo.net
Enderezo: Complexo Deportivo Universidade de Vigo. Ctra. Marcosende s/n. C. P. 36310 Vigo (Pontevedra).
Características técnicas das instalacións
- Instalación: piscina
- Ano de apertura: 2004
- Dimensións (m2): 652,6 (20 m de longo)
- Tipo de pavimento: baldosa e gres
- Modalidades deportivas: natación e outras modalidades acuáticas
- Localización: Complexo deportivo Uvigo
- Cabida deportistas: 30
- Cabida público xeral: 76
- Medidas COVID-19: si (estipuladas no DOG)
- Instalación: pista de squash
- Dimensións (m2): 124
- Tipo de pavimento: tarima flotante
- Modalidades deportivas: squash
- Cabida deportistas: 4
- Cabida público xeral: non aplica
- Instalación: sala de actividades dirixidas
- Dimensións (m2): 153,35
- Tipo de pavimento: vinilo
- Cabida deportistas e público xeral: 30
- Instalación: sala cardio-fitness
- Dimensións (m2): 185
- Modalidades deportivas: cinta de correr, bicicleta elíptica, pesos e outras
- Cabida público xeral: 5
- Instalación: sala ciclo-indoor
- Dimensións (m2): 21,32
- Modalidades deportivas: ciclismo na sala (spinning)
- Cabida deportistas e público xeral: 15
O Campus Lagoas - Marcosende conta, no interior do Edificio Técnico de Deportes, con dúas salas multiúsos, unha aula para cursos e unha sala de medicina deportiva e fisioterapia (n º de rexistro C-36-0015554).
1.- Normas de uso e reserva:
- No caso das actividades dirixidas, o modo de acceso é mediante sesións puntuais ou bonos.
- As salas multiúsos tamén poderán ser reservadas por grupos de persoas para o desenvolvemento de actividades non organizadas pola Área de Benestar, Saúde e Deporte. Para solicitar a reserva deste espazo deberá identificarse nesta web e achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva.
- Para o pagamento de cada reserva das salas multiúsos aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes na actividade.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta das salas multiúsos e da aula para cursos será de 5.
- A persoa responsable da reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo da actividade. No caso das reservas gratuítas para a comunidade universitaria será necesario que se identifiquen tamén todas as persoas participantes na antedita reserva.
2.- Características técnicas das instalacións:
- Instalación: sala multiusos 1
- Ano de apertura: 2001
- Dimensións (m2): 145,17
- Tipo de pavimento: linóleo
- Modalidades deportivas: usos múltiples
- Localización: Edificio de Deportes e Saúde
- Cabida público xeral: non admite
- Instalación: sala multiusos 2
- Dimensións (m2): 79,74
- Cabida deportistas: 18
- Instalación: aula
- Dimensións (m2): 57,88
- Usos: cursos
- Vestiarios: non
- Instalación: sala de fisioterapia
- Ano de apertura: 2006
- Dimensións (m2): 18,15
- Usos: consulta
- Cabida deportistas: 1
- Instalación: gabinete psicopedagóxico
- Ano de apertura: 2020
- Dimensións (m2): 17,66
- Cabida público xeral: 2
Normas de uso e reseva
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante a reserva dunha mesa de xogo. O número máximo de persoas que poden ocupar cada mesa será de 4.
- Para reservar este espazo deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple», indicar todos os datos da reserva e agardar a confirmación da administración.
- Para o pagamento de cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A persoa responsable da reserva deberá indentificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo da actividade. No caso das reservas gratuítas, con abono mUVer, será necesario que se identifiquen todas as persoas participantes na mesma, dependendo de se se trata dunha reserva individual (2 carnés) ou de dobres (4 carnés).
- Non se requirirá indumentaria especifica para a práctica do tenis de mesa.
- Non está permitido fumar ni comer en todo o recinto deportivo.
- Instalación: zona tenis de mesa (5 mesas)
- Ano de apertura: 2000
- Dimensións (m): 237,55
- Tipo de pavimento: formigón
- Modalidades deportivas: tenis de mesa
- Cabida deportistas: 4 (por mesa)
- Cabida público xeral: 50 (10 por mesa)
A Universidade de Vigo conta, no campus Lagoas-Marcosende, cun espazo natural perfecto para a práctica de deportes ao aire libre como poden ser as carreiras de orientación, as carreiras a pé ou o trail.
1. Normas de uso xerais
- Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico para poder utilizalos.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado, e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas, será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Plano de Orientación
A Universidade conta cun plano de orientacion homologado que abrangue todo o campus Lagoas-Marcosende e os parques forestais de Beade e Bembrive.
3. Características técnicas do plano
- Denominación: Parque do Coñecemento (plano de orientación)
- Ano de apertura: 2018
- Dimensións (m2): 1 210 000 (zona do Campus)
- Tipo de pavimento: terra
- Modalidades deportivas: orientación, carreira a pé
- Cabida deportistas: sen límite
- Cabida público xeral: sen límite
1.- Pista polideportiva.
- Mediante reservas para grupos de persoas (pista enteira ou pista lateral).
- Para reservar este espazo deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da administración.
- Para o pagamento da reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- Considérase horario ordinario de luns a venres entre as 09:00 e as 20:00 h e horario especial de luns a venres entre 20:00 e 23:00 h e sábados e domingos en todo o horario.
- A persoa responsable da reserva deberá indentificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 10 no caso da pista enteira e de 6 para unha metade. De non acadar este número, aplicarase a tarifa xeral para as persoas non universitarias.
- A práctica deportiva realizarase con roupa e calzado axeitado.
Caracterísiticas técnicas:
- Ano de apertura: 1998
- Dimensións (m2): 1768 (52 x 34)
- Tipo de pavimento: pavimento deportivo aeroelástico (parqué flotante)
- Modalidades deportivas: bádminton, baloncesto, balonmano, fútbol sala e voleibol
- Localización: pavillón universitario
- Cabida público xeral: 400
2.- Muro de escalada
- As entradas individuais permiten un uso compartido do muro de escalada con outras persoas usuarias mentres que as reservas serían para a utilización por parte de grupos pechados.
- O número mínimo de persoas para poder utilizar a instalación son dúas, tanto na parede vertical (escalador/a + asegurador/a) como, para a prestación de auxilio en caso de accidente, no boulder.
- Poderán utilizar esta instalación as persoas que cumpran as seguintes condicións:
- As persoas deberán acreditarse de forma axeitada á entrada da instalación.
- Os colchóns «quitamedos» deberán estar colocados no chan xunto á parede ao longo de toda a superficie, na orde establecida no plano elaborado a tal efecto.
- Para poder pasar a liña de seguridade situada a 3 m de altura a persoa escaladora deberá estar asegurada por un compañeiro/a en todo momento, utilizando o dispositivo de seguridade axeitado.
- Cando a persoa escaladora sexa a primeira en realizar a vía deberá usar cintas express para asegurarse e non poderá saltarse ningún dos puntos (chapas).
- As persoas usuarias achegarán o material específico de escalada que utilizarán baixo a súa responsabilidade.
- É obrigatorio o uso de magnesio líquido (o magnesio en po non está permitido) e dos pés de gato, co fin de manter as presas nas mellores condicións.
- Non se poderá modificar a posición ou a situación das presas.
- As persoas menores de idade deberán formar parte dalgún grupo organizado e supervisado por persoal técnico titulado.
- O espazo central do boulder quedará inutilizado no caso de reserva da pista de fútbol sala / balonmán. Cando sexa necesario o uso desta parte do boulder haberá de bloquearse previamente calquera uso da pista central.
Características técnicas
- Ano de apertura: 2003
- Dimensións (m2): superficie escalable 70 m2 (12 m. de altura e boulder de 16 m. de lonxitude)
- Tipo de pavimento: madeira laminada
- Modalidades deportivas: escalada
- Cabida deportistas: 6
- Cabida público xeral: 300
- Observacións: ampliado en 2020
O Campus de Vigo conta cunha pista de atletismo onde se poderán practicar as actividades atléticas de carreiras, saltos e lanzamentos.
1.- Normas de uso xerais:
- Poderase acceder individualmente a esta instalación mediante entradas multi-deporte ou abonos.
- Tamén será posible facer a reserva completa da instalación para realizar un uso non compartido con outras persoas usuarias. Para isto deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 20.
- As persoas deberán identificarse na conserxería do pavillón universitario antes de acceder á pista de atletismo.
1.1 Carreiras:
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores 5 e 6, nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- As rúas 1 e 2 quedan reservadas exclusivamente para competicións, polo que queda prohibida a súa utilización en adestramentos, salvo autorización expresa do SD.
- As series de menos de 150 metros realizaranse sempre na contrarrecta.
1.2 Saltos:
- Poderanse practicar con ou sen zapatillas de cravos.
- Os saltos de lonxitude e triplo realizaranse nos corredores e nos fosos de area.
- O salto de altura realizarase na media lúa na que se encontren instalados os saltómetros.
- O salto con pértega soamente poderá practicarse cando non exista actividade no campo de fútbol/rugby e será necesario acreditar a suficiente experiencia nesta actividade.
- Para a realización de multisaltos de adestramento poderanse utilizar ambas medias lúas ou os corredores de saltos.
1.3 Lanzamentos:
- Deberá consultarse previamente a dispoñibilidade do campo de herba natural como superficie de recepción dos artefactos.
- Ademais de nos círculos propios das disciplinas, os lanzamentos de peso e disco poderanse realizar en ambas medias lúas, sempre que a caída dos artefactos se produza na herba.
- O lanzamento de xavelina poderá realizarse dende as dúas medias lúas, con ou sen zapatillas de cravos.
- O lanzamento de martelo só se poderá realizar na gaiola cando esta teña a rede levantada. No caso de empregar artefactos alternativos (balóns atados con cordas), si poderán ser utilizados fóra da gaiola.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DA INSTALACIÓN
- Dimensións (m2): 400 m (3172 m2) - 6 rúas e 8 rúas na recta de meta
- Tipo de pavimento: tartán
- Modalidades deportivas: atletismo
- Cabida deportistas: 20
- Poderase acceder a esta instalación mediante entradas multideporte, abonos ou acordos de uso asinados e en vigor. Tamén será posible facer a reserva da instalación completa para realizar un uso exclusivo non compartido con outras persoas usuarias.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta destas instalacións será de 20.
- Realizaranse sempre con zapatillas de cravos dun máximo de 6 mm de lonxitude, agás no caso das rúas exteriores e 7 e 8 nas que poderán usarse zapatillas sen cravos.
- O salto de altura realizarase na media lúa na que estean instalados os saltómetros.
- Dimensións (m2): 15400
- Cabida deportistas: 44
DESENVOLVEMENTO DA PRÁCTICA
Rúa 1
series de + 400 metros.
Rúa 2
pechada
Rúa 3
velocidade
Rúa 4
rúa de regreso
Rúa 5
Rúa 6
Rúa 7
Rúa 8
A pista de carreira a pé do campus As Lagoas-Marcosende ten unha distancia de 1000 m, o circuíto longo, e de 650 m, o curto, e discorren pola beira do estadio de atletismo e o campo de herba sintética.
- Para desenvolver actividades deportivas de carácter organizado e ter acceso gratuíto aos vestiarios das instalacións deportivas será necesario facer previamente unha solicitude de reserva a través desta mesma web (Iniciar sesión / nova reserva múltiple) e agardar a autorización da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
2. Características da instalación
- Ano de apertura: 2015
- Dimensións (m): 1000 (circuíto longo), 650 (circuíto corto)
- Modalidades deportivas: carreira
O Campus de Pontevedra conta, no interior do pavillón universitario, cunha pista polideportiva cuberta para a práctica do baloncesto, o voleibol, o fútbol sala e o balonmán. Para calquera outro tipo de actividades será necesario solicitalo previamente no correo electrónico depor-po@uvigo.es, indicando o tipo e as características da actividade que se pretende realizar
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos, poderán ser de media pista ou da pista enteira.
2. -Características técnicas da instalación
- Ano de apertura: 2009
- Dimensións (m2): 900
- Tipo de pavimento: goma
- Modalidades deportivas: fútbol Sala, baloncesto, balonmán, voleibol e actividades dirixidas
- Cabida deportistas: 28
O Campus de Ourense conta, no interior do pavillón universitario, cunha pista polideportiva cuberta para a práctica do baloncesto, o voleibol, o fútbol sala, o balonmán e o bádminton.
2. - Características técnicas:
- Dimensións (m2): 1309
- Tipo de pavimento: parqué
- Modalidades deportivas: fútbol sala, balonmán, voleibol, hockey patines, baile deportivo, roller derby, bádminton
- Cabida público xeral: 192
O Campus de Vigo conta con cinco pistas de tenis para a práctica deportiva libre, os adestramentos do equipo federado da Uvigo e as clases da escola deportiva. As pistas 1 e 2 son de tenisquick e están sitas ao lado do campo de herba sintética. As pistas 3, 4 e 5 son de herba artificial e atópanse ao lado do pavillón universitario.
- O modo de acceso a esta instalación será mediante reserva dalgunha das pistas. Para reservar este espazo deberá identificarse nesta web e facer unha «nova reserva simple». No caso de reservas de máis dunha franxa horaria, de máis dun día ou con máis de 7 días de antelación, deberá achegar unha «solicitude de reserva múltiple» indicando todos os datos da reserva e agardar a confirmación da administración.
- O número máximo de persoas que poden participar na reserva dunha pista será de 4.
- No pagamento de cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A altura e a tensión das redes de tenis soamente poderá ser modificada polo persoal da Área de Benestar, Saúde e Deporte.
- A raqueta e as bólas a utilizar serán as específicas para este deporte, polo que queda prohibida a utilización de calquera outra que non teña as mesmas características.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DAS INSTALACIÓNS
- Pistas de tenis 1 e 2 (tenis quick)
- Dimensións (m2): 512 (32 x 16)
- Tipo de pavimento: tenis quick
- Modalidades deportivas: tenis
- Cabida público xeral: 50
- Pistas de tenis 3, 4 e 5 (herba sintética)
- Ano de apertura: 2016
- Observación: a pista 3 cambiou a herba sintética en 2016
O Campus de Ourense conta con dúas pistas de tenis para a práctica deportiva libre e onde imparten clases tamén as escolas deportivas de tenis e de tenis infantil.
1.- Normas de uso:
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas da pista completa.
- A persoa responsable da reserva deberá identificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo da actividade. No caso das reservas gratuítas para a comunidade universitaria será necesario que se identifiquen todas as persoas participantes na reserva.
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS (PISTAS TENIS 1 e 2)
- Ano de apertura: 2012
- Dimensións (m2): 758
Rutas que transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico nos arredores do Campus Lagoas-Marcosende.
1. Características da ruta
- Distancia: 2,24 km
- Dificultade: fácil
- Track komoot: komoot.com/es-es/tour/1626189279
2. Normas de uso xerais
Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico ou unha entrada puntual para poder utilizalos.
A Oficina de Medio Ambiente (OMA) preparou varios itinerarios ambientais por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico dentro do campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo (UVigo). A Ruta de Fondo localízase na parte baixa do campus e ten as seguintes características:
- Distancia: 1,5 km
- Duración: 45 min (1 h con guía)
- Dificultade: baixa
- Track Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1587884&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S
- O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico ou unha entrada multideporte para poder utilizalos.
- Mais información sobre estas rutas medioambientais na web da OMA.
A Oficina de Medio Ambiente (OMA) preparou varios itinerarios ambientais por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico dentro do campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo (UVigo). A Ruta da Cima localízase na parte alta do campus e ten as seguintes características:
- Distancia: 1,2 km
- Track Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=view&id=1587811&measures=off&title=off&near=off&images=off&maptype=S
Ruta que transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico nos arredores do Campus Lagoas-Marcosende.
- Distancia: 2,55 km
- Track komoot: https://www.komoot.com/es-es/tour/1626115935?ref=wtd
O Campus de Vigo conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
Normativa de acceso e uso:
- É recomendable facer con antelación unha nova entrada/sesión a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal para asegurar a dispoñibilidade de praza.
- No caso de verse superada a cabida máxima, denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder por libre a esta instalación é de 16 anos.
- Deberase utilizar unha toalla grande para evitar o contacto directo coa superficie dos equipamentos.
- As persoas usuarias limparán o material utilizado antes e despois do seu uso.
- Non se poderá entrar con calzado da rúa, chancletas, sandalias, roupa non deportiva, bolsas ou mochilas.
- Establécese un tempo máximo de utilización de 90 min para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- O uso continuo das máquinas de exercicio cardiovascular (stepper, elíptica, remoergómetros, cintas de correr, etc) será como máximo de 30 minutos. En calquera caso, recoméndase por norma xeral realizar este tipo de exercicio ao aire libre.
- Todas as persoas usuarias deberán devolver ao seu lugar orixinal o material utilizado no seu adestramento. En calquera caso, a alteración das condicións de uso dos distintos equipamentos (equipo de música, bicicletas, colchonetas, bancos, etc) deberá ser autorizado polas persoas responsables da sala.
- Por razóns de seguridade, non está permitido sobrecargar as máquinas con ningún tipo de peso adicional.
- Na sala cardio-fitness haberá programas con rutinas xerais de exercicio a disposición de calquera persoa usuaria que o solicite e, se necesitas algo máis específico, non dubides en falar co persoal técnico.
- Dimensións (m2): 299
- Tipo de pavimento: caucho
- Modalidades deportivas: fitness
O Campus de Pontevedra conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
- É necesario realizar unha reserva previa ao momento do uso a través da aplicación informática campusactivo.uvigo.gal.
- No caso de verse superada a cabida máxima denegarase o acceso de novas persoas usuarias ata que queden prazas libres.
- A idade mínima para poder acceder a esta instlación é de 16 anos.
- O uso da máscara será obrigatorio durante todo momento, incluíndo durante a realización do exercicio.
- Establécese en 90 min o tempo máximo de utilización das salas cardio-fitness para favorecer a rotación das persoas usuarias.
- Dimensións (m2): 230
- Modalidades deportivas: cardiovascular e fitness
- Cabida deportistas: 25
O Campus de Ourense conta, no interior do pavillón universitario, cunha sala cardio-fitness completamente equipada para o desenvolvemento de diferentes actividades de fitness.
- A idade mínima para poder acceder a esta instalación é de 16 anos.
Características técnicas:
- Dimensións (m2): 341,8
A Área de Benestar, Saúde e Deporte conta, no pavillón universitario, cunha sala de medicina deportiva e de fisioterapia (n º de rexistro C-36-0015554) onde se realizan valoracións funcionais e tratamentos ás persoas usuarias que así o soliciten.
- Tipo de pavimento: formigón pulido
- Cabida deportistas: 2