O Campus de Pontevedra conta, no interior do pavillón universitario, cunha pista polideportiva cuberta para a práctica do baloncesto, o voleibol, o fútbol sala e o balonmán. Para calquera outro tipo de actividades será necesario solicitalo previamente no correo electrónico depor-po@uvigo.es, indicando o tipo e as características da actividade que se pretende realizar
1.- Normas de uso e reserva:
- O modo de acceso a estas instalacións será mediante reservas para grupos, poderán ser de media pista ou da pista enteira.
- Para cada reserva, aplicarase a tarifa correspondente á persoa con menores vantaxes de entre as participantes.
- A persoa responsable da reserva deberá indentificarse na conserxería do pavillón universitario antes do comezo desta. Nas reservas gratuítas para a comunidade universitaria deberán identificarse todas as persoas participantes.
- O número mínimo necesario de persoas pertencentes á comunidade universitaria para poder realizar unha reserva gratuíta desta instalación será de 10 no caso da pista enteira e de 6 para unha metade. De non acadar este número, aplicarase a tarifa xeral para as persoas non universitarias.
- No suposto de que a pista ou algunha das súas divisións non estea ocupada, poderase solicitar a súa utilización nese intre de xeito gratuíto por parte de calquera persoa da comunidade universitaria, aínda que non cumpra co mínimo de persoas necesario establecido no punto anterior.
- A práctica deportiva realizarase con roupa e calzado axeitado.
- Non está permitido fumar nin comer en todo o recinto deportivo.
2. -Características técnicas da instalación
- Ano de apertura: 2009
- Dimensións (m2): 900
- Tipo de pavimento: goma
- Modalidades deportivas: fútbol Sala, baloncesto, balonmán, voleibol e actividades dirixidas
- Localización: pavillón universitario
- Cabida deportistas: 28
- Cabida público xeral: 200
- Vestiarios: si
- De setembro a xuño: luns a venres de 09:00 h a 22:00 h. Sábados e domingos: pechado
- Nadal: luns a venres de 09:30 h a 13:30 h. Sábados e domingos: pechado
- Semana Santa: pechado
- Xullo: luns a venres de 09:30 h a 13:30 h. Sábados e domingos: pechado.
- Do 1 ao 4 de agosto: luns a venres de 09:30 h a 13:30 h. Sábados e domingos: pechado
- Do 7 ao 22 de agosto: pechado
- Do 23 ao 31 de agosto: luns a venres de 09:30 h a 13:30 h. Sábados e domingos: pechado