Ruta que transcorre por zonas con elevado interese ecolóxico e paisaxístico nos arredores do Campus Lagoas-Marcosende.
1. Características da ruta
- Distancia: 2,55 km
- Dificultade: fácil
- Track komoot: https://www.komoot.com/es-es/tour/1626115935?ref=wtd
2. Normas de uso xerais
Os espazos naturais do campus son públicos e están abertos ao uso deportivo de calquera persoa. O uso dos vestiarios das instalacións deportivas é gratuíto para a comunidade universitaria, mentres que as demais persoas deberán contar cun abono básico ou unha entrada puntual para poder utilizalos.