1. Persoas destinatarias
Persoas cun abono Muver ou cunha entrada multideporte.
2. Reserva de praza
É obrigatorio reservar praza cunha antelación máxima de 24 horas para cada un dos días nos que se imparta esta actividade. Para reservar debes ir a miña conta / histórico / entradas / nova sesión.
3. Descrición
O obxectivo desta actividade é acadar melloras no seu rango funcional de movemento. Unha mobilidade ampla garante unha maior propiocepción, dominio do corpo e axuda ao traballo de forza no desenvolvemento paralelo da prevención de lesións.