- As entradas individuais permiten o uso compartido do muro de escalada con outras persoas usuaarias.
- O número mínimo de persoas para poder utilizar a instalación son dúas, tanto na parede vertical (escalador/a + asegurador/a) como, para a prestación de auxilio en caso de accidente, no boulder.
- Poderán utilizar esta instalación as persoas que cumpran as seguintes condicións:
- As persoas deberán acreditarse de forma axeitada á entrada da instalación.
- Os colchóns «quitamedos» deberán estar colocados no chan xunto á parede ao longo de toda a superficie, na orde establecida no plano elaborado a tal efecto.
- Para poder pasar a liña de seguridade situada a 3 m de altura a persoa escaladora deberá estar asegurada por un compañeiro/a en todo momento, utilizando o dispositivo de seguridade axeitado.
- Cando a persoa escaladora sexa a primeira en realizar a vía deberá usar cintas express para asegurarse e non poderá saltarse ningún dos puntos (chapas).
- As persoas usuarias achegarán o material específico de escalada que utilizarán baixo a súa responsabilidade.
- É obrigatorio o uso de magnesio líquido (o magnesio en po non está permitido) e dos pés de gato, co fin de manter as presas nas mellores condicións.
- Non se poderá modificar a posición ou a situación das presas.
- As persoas menores de idade deberán formar parte dalgún grupo organizado e supervisado por persoal técnico titulado.
- O espazo central do boulder quedará inutilizado no caso de reserva da pista de fútbol sala / balonmán. Cando sexa necesario o uso desta parte do boulder haberá de bloquearse previamente calquera uso da pista central.