A Unidade de Fisioterapia, sita na Escola de Forestais do Campus da Xunqueira, está dirixida por unha persoa diplomada en fisioterapia e ten como obxectivo a recuperación funcional das persoas que así o precisen para que se poidan reincorporar de novo á súa vida cotiá e deportiva.
1. Servizos:
- Readaptación funcional.
- Recuperación de lesións deportivas.
- Prevención e tratamento da dor.
- Patoloxías laborais.
2. Tratamentos
- Terapia manual.
- Reeducación postural.
- Electroterapia.
- Cinesiterapia.
3. Reserva de citas
Poden adquirirse citas puntuais ou bonos de 5 usos. Estes últimos teñen unha caducidade dun ano natural dende o momento da súa adquisición.