Crea Lab. Casa das Campás. r/ Don Filiberto 9-11-36002 Pontevedra
Docente: Belén Gómez de las Heras. Directora de deseño en Costa.
Descrición do curso:
Belén Gómez de las Heras é Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade Complutense de Madrid. Ademas posúe un posgrao en deseño gráfico na University of the Arts London, onde se graduou con honras e aceptada como membro do “International Society of Typographic Designers”.
Ao longo da súa traxectoria traballou en estudos de referencia como Summa (Premio Nacional de Deseño 2008) e Estudio Oscar Mariné (Premio Nacional de Deseño 2010). Tras o seu paso por ambas as dúas axencias, incorporouse á consultora KPMG como responsable de deseño e brand guardianship, liderando a implantación e supervisión do rebranding da firma en España en coordinación cos equipos de marca de KPMG a nivel global.
Desde hai preto dunha década forma parte de Costa, onde exerce como directora de deseño. Desde esta posición lidera proxectos de identidade e estratexia de marca, coordinando o seu desenvolvemento desde a definición conceptual ata a construción de sistemas visuais sólidos, coherentes e aplicables. A súa experiencia combina criterio creativo, capacidade de organización e unha especial solvencia en proxectos complexos de arquitectura de marca e identidade corporativa.
Desenvolveu tamén a súa actividade docente colaborando, entre outras institucións, coa Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e outras organizacións.
NOTA: Este obradoiro vai dirixido exclusivamente a PDI, PTXAS e alumnado.
- Breve historia das marcas e a súa identidade ao longo do tempo.
- Introdución á IA nos procesos de estratexia, creación e implantación.
- Fundamentos da estratexia de marca e posicionamento.
- Introdución á arquitectura de marca.
- Identidade visual-Identidade verbal.
- Definición e desenvolvemento das principais aplicacións de identidade.