Crea Lab. Casa das Campás. r/ D. Filiberto 9-11.-36002 Pontevedra
Docente: Arantza Vilas. Artista téxtil. Central Saint Martins, University of the Arts London.
Arantza Vilas é unha artista téxtil, investigadora e consultora que desenvolve unha práctica de estudo interdisciplinar e experimental.
A obra de Arantza abrangue múltiples disciplinas, pon unha énfase especial nos procesos e baséase na investigación sobre os materiais. Interésalle combinar técnicas artesanais ancestrais con métodos sostibles para innovar, suscitar a reflexión e crear unha narrativa. Un fío condutor da súa obra é a exploración dos conceptos do tempo.
Colabora con grupos de investigación como o equipo de Wearable Computing da Universität der Künste Berlin e o grupo de investigación Bio-Inspired Textiles da University of the Arts London; ademais, é docente asociada en Central Saint Martins, e tamén da University of the Arts London.
Esta actividade vai dirixida exclusivamente a Persoal Docente e Investigador (PDI), Persoal Técnico de Administración e Servizos (PTXAS) e alumnado.
Esta actividade é gratuita.
Oferta-se 12 prazas
NOTA:
Cada participante deberá achegar o seguinte material:
- Lapises de cores. - Barras de grafito. - Obxectos tridimensionais (botellas, esferas, obxectos atopados). - Tesoiras/cutter. - Papel A4- cinco follas por participante como mínimo. - Tecidos de malla aberta como tul.
-Impresión 3D e tecidos. Tipos de tecnoloxías e exemplos.
-Utilización do lapis 3D neste contexto.
-Warm up- recolección de texturas, debuxo de liña continua.
-Introdución ao lapis 3D sobre papel, sobre acetato, sobre cristal.
-Experimentación sobre tecidos.
-Creación de capas.