Teatro da cidade universitaria
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 30 horas
Obxectivos:
Temos a fortuna de posuír un folclore moi rico e cun inestimable valor; confeccionado a través dos tempos e con diferentes influencias que o enriqueceron e o seguen enriquecendo.
Ofrecer un coñecemento integral do folclore abranguendo as súas diferentes vertentes ou áreas de coñecemento: canto tradicional, cantos de taberna, baile, conxunto instrumental. En cada unha destas áreas tratarase a contextualización, cunha breve introdución histórica, as características, técnicas, estrutura e repertorio.
Docentes: Xela Conde Fernández
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
CANTO POPULAR
CANTOS de TABERNA
BAILE
CONXUNTO INSTRUMENTAL