Teatro da Cidade Universitaria
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 30 horas
Obxectivos:
Dotar ao alumnado dun abano de ferramentas o suficientemente amplo como para que, de entre toda a gama, sexa a persoa quen elixa e descubra cál é a adecuada para realizar o seu labor como actor/actriz. Todo mediante exercicios prácticos que pretenden fomentar a capacidade de concentración, memoria, oratoria e expresión, creatividade, imaxinación, sentido do ritmo e a musicalidade… todas as cualidades que un actor/actriz precisa.
Docentes: Francisco Javier Paredes Costa e Sonia Rúa Rúa
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.