Facultade de CC. do Mar Aula 11 (Bloque C 1º andar). Aula 12 (2 e 30 de novembro)
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 30 horas
Obxectivos:
Este obradoiro de outono é o primeiro de dous obradoiros que se completa cun segundo obradoiro práctico no seguinte cuatrimestre.
Docente: Jacobo Ojea Reyes
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
1. O deseño da finca seguindo os principios da permacultura.
2. Necesidades básicas para iniciar unha horta orgánica dende cero.
3. Diferentes propostas metodolóxicas para aplicar na nosa horta.
4. Sistemas de non laboreo. O bancal como sistema de cultivo. Diferentes maneiras de constuír un bancal.
5. O solo como elemento fundamental dos sistemas agrícolas. Coñecer o noso solo e plantexar estratexias para mellorar a súa fertilidade. A importancia das 3 “emes”.
6. A importancia dos microorganismos. Como potencialos e como reproducilos.
7. A materia orgánica como elemento fundamental da fertilidade. Técnicas de compostaxe.
8. A planificación da horta seguindo os ritmos estacionais e os ciclos lunares.
9. Biodiversidade, fauna auxiliar e manexo holístico.
10. Medicina integrativa para a horta. Métodos preventivos, métodos paliativos.