Escola de Enxeñería de Telecomunicación. Aula T213- Campus de Vigo.
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 20 horas (18 horas presencias máis 2 horas de traballo persoal)
Requisitos:
• Dispoñer de portátil propio.
• Non se precisan coñecementos en LaTeX.
Obxectivos:
Crear documentos profesionais, presentacións e publicacións científicas de alta calidade.
• Familiarizarse co entorno de LaTeX, comprendendo a súa estrutura e funcionalidade básica.
• Adquirir habilidades para deseñar e estruturar documentos técnicos, incluíndo táboas, ecuacións matemáticas, referencias cruzadas e bibliografías.
• Aprender a crear presentacións profesionais con Beamer e a personalizar documentos con paquetes avanzados.
• Coñecer as mellores prácticas no uso de LaTeX e os erros comúns a evitar.
O obradoiro divídese en seis módulos: introdución a LaTeX , estrutura do documento, matemáticas, ecuacións e código fonte, referencias, bibliografía e citas, customización e temas avanzados, e presentacións con Beamer.
Docentes: Fernando Flores García e Andrea Gregores Coto
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.