Aula 2 edificio Miralles Campus Universitario
Datas de matrícula: do 22 de setembro ao 2 de outubro de 2026
Duración: 30 horas
Obxectivos:
Achegar ao alumnado ao patrón e á costura a través de teas, prendas recicladas, etc..., dándolle unha segunda vida ás súas pezas.
Ter a sensación de satisfacción pola creación de pezas coas propias mans.
Docente: Estefanía Carrera García
Consultar condicións da inscrición
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.