Descrición: O obradoiro propón un percorrido pola historia da intelixencia e do espionaxe como instrumentos da política exterior. Sesións que combinan análise histórica, casos de estudo e traballo con fontes primarias desclasificadas para comprender como os servizos de intelixencia moldean o sitema internacional desde a Gran Guerra ata o terrorismo yijadista e a ciberguerra contemporánea. Atendendo, así mesmo, aos retos que o control dos servizos de intelixencia supón para as sociedades democráticas.
Este obradoiro ten unha duración de 34 horas máis 2,5 horas de traballo individual do alumnado.
Programa detallado
Director: Luis Velasco Martínez
Docentes: Luis Velasco Martínez e Manuel Martínez Vázquez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
7 outubro: Antecedentes históricos: Da Antigüidade á Idade Moderna
8 outubro: Marco conceptual: Intelixencia, propaganda e operacións de influencia
14 outubro: A Gran Guerra: Laboratorio fundacional da intelixencia contemporánea
15 outubro: A Segunda Guerra Mundial: Ultra, engano estratéxico e espionaxe nuclear
21 outubro: A Segunda Guerra Mundial: Propaganda, BBC e guerra de información
22 outubro: A Guerra Fría I: Encadre teórico e conceptual
28 outubro: A Guerra Fría II: Casos e operacións
29 outubro: Propaganda, desinformación e guerra de información
4 novembro: Intelixencia económica, tecnolóxica e científica
5 novembro: Ciberintelixencia, vixilancia masiva e guerra no ciberespazo
12 novembro: Ética, control democrático e supervisión dos servizos de intelixencia
18 novembro: Insurxencia e contrainsurxencia: Galula, Trinquier e a doutrina occidental
19 novembro: Antiterrorismo: Do 11S ao yihadismo contemporáneo
25 novembro: Post-1989: Novo orde mundial, multipolaridade e intelixencia no século XXI
26 novembro: Literatura, cine e intelixencia: A realidade a través da ficción
2 decembro: Fontes primarias e taller de análise documental
3 decembro: Sesión de peche: Presentacións, debate aberto e avaliación