Descrición: O obxectivo é achegar ao alumnado ao patrón e á costura a través de teas, prendas recicladas, etc.dándolle unha segunda vida, trasladando a sensación de satisfación que se produce ao crear algo ti mesmo/a coas túas mans. Aprendizaxe de técnicas básicas e patronaxe textil.
Programa detallado
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas
Directora: Estefanía Carrera García
Docentes: Estefanía Carrera García
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
-Deseño e realización de accesorios (tote bag, alfiletero, estoxos, neceseres, fundas... ou prendas base a partir doutras prendas). Costomizando e reciclando a partir doutras.
-Interpretar o patrón, tomar medidas.
-Cortar e realización a man (aprender diferentes puntadas, tecidos, a man, bordado..)