Descrición: Coincidindo co cincuentenario do inicio da transición democrática, este obradoiro analiza cincuenta anos de política exterior española desde unha perspectiva histórica, politolóxica e internacional. A través de estudos de caso, documentos diplomáticos e debates, o alumnado coñecerá a evolución da acción exterior de España, o seu papel na Unión Europea, na OTAN, en Iberoamérica e no Mediterráneo, adquirindo ferramentas para comprender os principais retos xeopolíticos do século XX.
Este obradoiro ten unha duración de 22 horas máis 2,5 horas de traballo individual.
Programa detallado
Director e docente: Serxio María Rodríguez Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
16 outubro: A política exterior: concepto, actores e metodoloxías de análise. Os antecedentes históricos da política exterior española
23 outubro: A política exterior durante o franquismo e a Transición democrática. A acción exterior dos gobernos de Carlos Arias Navarro e Adolfo Suárez
30 outubro: A política exterior dos gobernos de Adolfo Suárez e Leopoldo Calvo-Sotelo. A adhesión á OTAN e a preparación da integración europea
6 novembro: A política exterior durante os gobernos de Felipe González I. A integración nas Comunidades Europeas e a consolidación internacional de España
13 novembro: A política exterior durante os gobernos de Felipe González II. Iberoamérica, Mediterráneo e multilateralismo
20 novembro: A política exterior durante os gobernos de José María Aznar. A relación transatlántica, a Unión Europea e a guerra de Iraq
27 novembro: A política exterior durante os gobernos de José Luis Rodríguez Zapatero. Multilateralismo, Alianza de Civilizacións e cooperación internacional
4 decembro: A política exterior durante o goberno de Mariano Rajoy. A crise económica, o Brexit e a posición de España na Unión Europea
11 decembro: A política exterior durante os gobernos de Pedro Sánchez. A pandemia, a guerra de Ucraína, a Presidencia española do Consello da Unión Europea e os retos actuais da acción exterior española
18 decembro: Seminario práctico: España ante os retos internacionais do século XXI. Simulación dun Consello de Asuntos Exteriores da Unión Europea. Presentación e debate dos Policy Briefs. Clausura do obradoiro.