Descrición: Obradoiro de creación coreográfica no que exploraremos o corpo, o movemento e o espazo como ferramentas de expresión. A través da improvisación e da composición, as persoas participantes desenvolverán a súa creatividade e construirán colectivamente unha peza que será presentada en diferentes festivais e encontros de danza universitaria. O proceso traballará a presenza escénica, a escoita, a cooperación e a toma de decisións nun espazo seguro, igualitario e inclusivo.
Dirixido a persoas con experiencia previa en danza.
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Directora: Nuria Sotelo docentes: Nuria Sotelo e Mikel Aristegui
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo