Descrición: Queres sacar máis partido a túa cámara e conseguir fotografías que realmente transmitan? Neste obradoiro aprenderás trucos e técnicas para mellorar as túas imaxes, tanto desde o punto de vista técnico como creativo. Descubre novas posibilidades, desenvolve a túa mirada fotográfica e goza ainda máis facendo fotografías.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas, incluidas 3 horas de traballo persoal.
Programa detallado
Director e docente: Santiago Barreiros Camba
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo