Descrición: O obradoiro ofrece unha visión socioeducativa da intervencón con persoas privadas de liberdade. Nel abordarase o funcionamento da institución penitenciria, o perfil e necesidades das persoas reclusas, así como os factores que inflúen na súa reinserción. Exploraranse técnicas de acompañamento, metodoloxías de intervención e o deseño de itinerarios personalizados de inserción. A formación inclúe unha visita ao C. Penal de Pereiro de Aguiar que ten como obxectcivo coñecer a realidade institucional.
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas.
Programa detallado
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Docentes: Jesús Deibe Fernández Simo, Patricia Vázquez Quintela, Laura Suárez Acuña, Alba Moretón Rodríguez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Día 1: O ámbito penitenciario, contextualización
Marco legal. Dereitos e deberes das persoas privadas de liberdade
Tipos de establecementos penitenciarios. Módulos de respeto
Rexímenes penitenciarios
Equipos de tratamento penitenciario
Programas de intervención e tratamento
Día 2: A persoa privada de liberdade
Teorías sobre a delincuencia
Perfil do colectivo. Tipoloxías delitivas
Consecuencias da privación de liberdade
Factores de risco e protección no proceso de reinserción social
Día 3: Reinserción sociolaboral de persoas privadas de liberdade
Concepto de inserción e reinserción social e sociolaboral
Dificultades de acceso ao mercado laboral
Metodoloxía de intervención
O adiestramento das competencias transversais
Día 4: Deseño e elaboración de itinerarios persoalizados de inserción (IPIS)
Concepto de IPI. Obxectivos e funcións
Fases dun IPI
Entrevista diagnóstico e entrevista motivacional
O/a técnica de emprego no ámbito da orientación laboral
Día 5: Encontro con persoas privadas de liberdade