Descrición: Obradoiro práctico no que se explora o corpo como ferramenta de coñecemento, expresión e relación. A través do Body Weather, técnicas Release e Flying Low, achegarémonos ao adestramento física, á conciencia corporal e a nocións básicas de anatomía. A improvisación, a composición espacial e a creación coreográfica permitirannos descubrir novas posibilidades de movemento, potenciar a creatividade e construir unha experiencia colectiva desde a escoita, o respcto e a diversidade.
Este obradoiro ten unha duración de 30 horas.
Directora: Nuria Sotelo Rodríguez docentes: Nuria Sotelo Rodríguez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1.-Adestramento físico e psicomotricidade a través do Body Weather
2.-Nocións básicas de anatomía aplicada ao movemento
3.- Introdución ás técnicas de danza contemporánea Release e Flying low
4.-Ferramentas para a improvisación
5.-Composición e relación co espazo
6.-Procesos de Creación coreográfica individual e colectiva.