Fac. Belas Artes. Obradoiro de gravado
Este obradoiro de reparación de libros está enfocado principalmente á formación de persoal de bibliotecas. Cun formato eminentemente práctico e unha duración de entre 20 e 22 horas, está dirixido a grupos reducidos de ata 10 persoas. As sesións impartiranse no Taller de Técnicas Gráficas da Facultade de Belas Artes. Para facilitar a conciliación, as sesións ofreceranse en quendas independentes de mañá ou de tarde, de xeito que cada participante poida elixir o horario que mellar se adapte á súa xornada laboral sen necesidade de asistir a ambas as dúas franxas.
• l. Anatomía e partes do libro o Tipoloxías de portadas (dura e branda). o A contraportada e o lombo. o O corpo do libro: estrutura de follas e pregos. o Elementos de protección e unión: gardas, camisas e faixas. • 2. Tipoloxías de encadernación o Sistemas de cubertas ou tapas: duras e brandas (rústica). o Técnicas de cosido: cosido a pregos e cosido a follas soltas (fresada/ dente de can). o Outros sistemas de suxeición: grampado e pegado. o Estilos tradicionais e artísticos: encadernación xaponesa e holandesa. • 3. Ferramentas e materiais específicos o Telas técnicas (Gumaltex) para a confección de tapas duras. o Tarlatana e o seu uso no reforzo do lombo. o Utensilios de pregado (pregadoras), pinceis e brochas. o Tipos de colas, pegamentos e adhesivos axeitados. o Elementos auxiliares: cintas adhesivas de dobre cara, cera e outros recursos. • 4. Práctica de reparaclóns básicas o Reincorporación de follas soltas, descolgadas ou descosidas. o Restauración de lombos e bordos desgastados ou dobrados. o Consolidación de tapas despegadas (tanto en cubertas duras coma brandas). o Reparación e reforzo de gardas rotas.