Escola Enxeñaría Forestal- Aula por determinar
O obxectivo do obradoiro é dotar ao alumnado das competencias necesarias para iniciarse na micoloxía e na identificación de algúns dos principais grupos de fungos macromicetos da nosa contorna. O alumno adquirirá as seguintes aptitudes: Coñecer o procedemento para a recolleita e transporte dos cogomelos silvestres conforme a lexislación vixente. Aprender a determinar os fungos e coñecer as principais especies tóxicas, a súa perigosidade e os protocolos de actuación fronte a intoxicacións Coñecer as principais especies comestibles, as súas propiedades nutracéuticas e o seu aproveitamento en cociña. Coñecer outras posibles aplicacións dos cogomelos. Por exemplo, dende un punto de vista etnolóxico.
NOTA: É requisito de inscrición ter capacidade de desprazamento en veículo própio.
lntrodución á macromicoloxía Normativa galega para a apaña de cogomelos silvestres Manexo de claves de identificación de cogomelos Amanita e cogomelos semellantes Boletus e cogomelos semellantes Cantharellus, Craterellus e cogomelos semellantes Lactarius e cogomelos semellantes Macrolepiota e cogomelos semellantes Outros cogomelos de interese Micetismos e o seu tratamento Nutracéutica e introdución á micogastronomía