Aviso importante:
A inscrición realízase por quendas. Para asistir á xornada completa é necesario formalizar a inscrición tanto no grupo de mañá como no de tarde. Tamén é posible inscribirse unicamente nunha das dúas quendas.
O seminario ten por obxectivo crear un espazo teórico-práctico para o debate sobre os recursos didácticos dixitais musicais e as súas implicacións e posibilidades educativas. A sesión da mañá está orientada á docencia e inclúe dous obradoiros, unha conferencia e a presentación de dous libros. A sesión da tarde céntrase na investigación, con conferencias, un relatorio e un grupo de discusión sobre recursos dixitais musicais nas diferentes etapas educativas.
Obxectivo xeral: Crear un espazo teórico-práctico para o debate sobre os recursos didácticos dixitais musicais e as súas implicacións e posibilidades educativas tanto na docencia como na investigación.
Obxectivos específicos:
Recoñecemento de créditos: rematado o seminario entregarase un diploma acreditativo a cada participante que asistise, como mínimo, ao 85% das actividades programadas. As horas do seminario son susceptibles de ser recoñecidas por créditos ECTS para as ensinanzas de grao, sempre que se cumpran as condicións establecidas na Normativa de recoñecemento de créditos nas titulacións oficiais de grao da Universidade de Vigo pola participación estudantil en actividades universitarias. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na Secretaría de Alumnado do centro onde curse a titulación, presentando o certificado ou diploma acreditativo da actividade.
Programa da mañá
Os recursos dixitais para a aprendizaxe da música tradicional galega.
As posibilidades que ofrecen os recursos didácticos dixitais musicais dos repositorios institucionais.
Os recursos didácticos musicais como facilitadores da xeración de espazos e a construción de realidades.
A educación musical na escola: recursos, experiencias e prácticas innovadoras.
Reflexións dende a música. Expectativas e aplicacións didácticas.
Programa da tarde
Os recursos didácticos dixitais dende a didáctica xeral.
Os recursos didácticos dixitais musicais na ESO.
Os recursos didácticos dixitais musicais: resultados de investigación nas etapas de educación infantil, primaria e ESO.