1.- Distancia: 15 km aproximadamente.
2.- Itinerario: Ruta circular polo Campo Lameiro: val do río Maneses, Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre e contorna do río Lérez.
3.- Dificultade: Media.
4.- Descrición:
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla), Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) e Vigo (García Barbón 104 e IFEVI).
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
7.- Recomendacións: Levar calzado (Goretex) e roupa apropiada para camiñar por sendeiros nos que atoparemos algo de auga nalgúns treitos do percorrido, sendeiro do río do Té así como muda para cambiarse ao final da ruta. Tamén aconsellamos levar bastóns de trekking para os diversas zonas de raíces (entre km 2,5 e 7,2). Lembrar ás participantes que poden deixar unha mochila no autobús para mudar ao final da xornada. Recomendación como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas, ao criterio das usuarias.
Ruta 03: Paisaxe e arte rupestre (O Campo Lameiro) · sábado 28/11/2026
Saídas
Ruta a pé (circular · 16 km aprox. · 4 h 30 min)
Peche da xornada
Horarios provisionais, pendentes de confirmación. Poderán axustarse ao ritmo do grupo e ás condicións do día.