1.- Distancia: 16 km aproximadamente.
2.- Itinerario: Ruta circular Castro de Abaixo – Torbeo – A Cubela – val do Sil – Castro de Abaixo (Ribas de Sil), sobre o trazado do sendeiro homologado PR-G 180.
3.- Dificultade: Media (desnivel acumulado importante, arredor de 700 m).
4.- Descrición:
5.- Inscricións: as inscricións estarán abertas de xeito exclusivo para a comunidade universitaria, comunidade alumni e familia Uvigo ata o luns anterior a cada ruta. No caso de quedar prazas libres, o martes, mércores e xoves anteriores a cada ruta permitirase a inscrición de calquera persoa interesada.
6.- Outra información xeral de interese:
- Idade mínima: 16 anos
- Cada ruta realizada recoñecerase con 7,5 h ECTS por día de duración.
- Haberá autobuses para trasladar as persoas participantes ao inicio de cada ruta dende os campus de Ourense (Cafetería Perla) ás 9.15, Pontevedra (Praza de Galicia, nº 5) ás 9.15 e Vigo (rúa do Areal, nº46) ás 9.40.
- Equipo aconsellable para todas as rutas: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar e, a partir do mes de marzo, viseira ou gorra. Para todas as rutas as persoas participantes levarán a súa comida (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas, etc.).
- Todos os itinerarios para GPS poderán descargarse, xunto coas fotografías de cada ruta e toda a información complementaria, no blogue http://roteirosuvigo.blogspot.com e no Facebook: Rutas Culturais da Universidade de Vigo.
Ruta 02: Castro de Abaixo – Torbeo – A Cubela (Ribas de Sil) · sábado 14/11/2026
Saídas e traslado
Ruta a pé (circular · 16 km aprox. · 4 h 30 min – 5 h coa parada para comer)
Peche da xornada
Horarios provisionais, pendentes de confirmación. Poderán axustarse ao ritmo do grupo e ás condicións do día.