Laboratorio de Botánica, Facultade de Bioloxía, Campus de Lagoas Marcosende
Fin prazo de inscrición: 3 de xuño de 2026
OBXECTIVOS E TEMÁTICA DO CURSO
A temática do curso sitúase no ámbito das ciencias, en concreto a botánica, a etnobotánica e a divulgación científica da biodiversidade. O curso pretende achegar o coñecemento científico sobre as plantas a un público amplo mediante unha metodoloxía accesible e participativa, promovendo unha aproximación práctica ao estudo das plantas e á súa relación co ser humano.
Docentes: María Cabaleiro, Adrián Melón, Nerea Cazas, Hugo Ferández Ricón, Mauro Rivas,
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: Ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas. O estudantado solicitará o recoñecemento de créditos no centro onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.