Duración do curso: 32 horas
A actual crise ecolóxica e social require de novas formas de intervención que integren a dimensión ambiental, social e comunitaria. A perspectiva ecosocial propón analizar os sistemas humanos como parte dun ecosistema máis amplo e ecodependente, promovendo prácticas de sustentabilidade, cooperación e resiliencia comunitaria. Este curso pretende introducir ferramentas de facilitación de procesos persoais, grupais e comunitarios desde una mirada ecosocial, incorporando metodoloxías participativas e enfoques como a permacultura social, a facilitación de grupos e a avaliación participativas das intervencións. A formación combina marco teórico, metodoloxías de facilitación e prácticas vivenciais e aplicadas, permitindo as persoas participantes experimentar ferramentas que poden trasladar a contextos sociais, educativos ou comunitarios.
Obxectivo xeral: capacitar as persoas participantes no uso de ferramentas e procesos de facilitación para deseñar e desenvolver intervencións con enfoque ecosocial.
Obxectivos específicos:
- Comprender os fundamentos e principios do enfoque ecosocial.
- Analizar os procesos individuais, grupais e comunitarios desde unha perspectiva ecosocial.
- Coñecer ferramentas de facilitación e participación.
- Aplicar principios da permacultura á intervención social.
- Deseñar pequenas intervencións ecosociais nos niveis micro, meso e macro da práctica.
- Desenvolver criterios para avaliar intervencións con enfoque ecosocial.
O curso desenvolverase mediante unha metodoloxía participativa e experiencial, combinando: exposicións teóricas breves, dinámicas grupais, simulacións de facilitación, análise de casos reais, traballo colaborativo, exercicios de participación, deseño colectivo de intervencións, obradoiros prácticos de ferramentas e traballo en pequenos grupos. Promoverase a aprendizaxe colectiva, a reflexión crítica e a experimentación práctica.
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Módulo 1. Introdución ao enfoque ecosocial
- Crise ecosocial: contexto global e local
- Concepto de transición ecosocial
- Relación sociedade-natureza
- Xustiza social e xustiza ambiental
- O papel da intervención social nas transicións
- Contextualización dos niveis micro, meso e macro da intervención ecosocial
Módulo 2. Prácticas ecosociais e permacultura aplicada á intervención social
- Introdución a permacultura
- Éticas e principios da permacultura
- Permacultura social
- Deseño de proxectos ecosociais
- Exemplos de iniciativas comunitarias
Módulo 3. Procesos grupais e comunitarios ecosociais
- Dinámicas de grupos
- Facilitación de procesos participativos
- Intelixencia colectiva
- Coidados nos procesos comunitarios
- Metodoloxías participativas
Ferramentas orientadas á intervención ecosocial:
- Sociocracia básica
- Metodoloxía socioafectiva
- Transformación positividade conflitos
- Técnicas de facilitación de grupos eficientes
- Círculos de diálogo
- Foro Orientado a Procesos (FOP)
- Técnicas de facilitación visual
- Técnicas de reunións eficientes, inclusivas e sostibles
Módulo 4. Introducir os coidados ecosociais nas organizacións e nas institucións e avaliar as intervencións ecosociais
- Os coidados ecosociais nas institucións e nos Servizos sociais e educativos
- Indicadores sociais e ambientais
- Como "ecoloxizar"os espazos profesionais e de intervención
- Avaliación participativa
- Ferramentas de seguimento e avaliación de procesos comunitarios
- Aprendizaxe colectiva, transdisciplinaridade e mellora continua