Edificio Facultades
Duración do curso: 30 horas
Descrición: O curso estructurase en tres grandes apartados incoporando a exposición de contidos por a docente, visionado de materiais audiovisual, lectura de documentos/informes/investigacións e debates.
Na primeira parte se levará a cabo un percorrer por as narrativas históricas que serviron para xustificar a subordinación das mulleres, cuestionando as construccións que as reduciron a obxectos e non a suxeitos plenos. Analízanse críticamente os discursos que, desde a ciencia e a cultura, sostiveron a suposta inferioridade intelectual e sexual das mulleres, desmontando mitos neurosexistas e prexuízos que leximitaron a súa deshumanización. O bloque remata cunha revisión das actitudes sexistas e misóxinas que derivan de tales prexuízos, analizando como, amplificadas hoxe pola esfera dixital, convértense en novas formas de exercer a violencia e manter a resistencia fronte á igualdade real.
A segunda parte mergúllanos na problématica da obxetivización do corpo feminino, entendida como a estratexia central mediante a cal as sociedades patriarcais teñen convertido o corpo das mulleres no seu principal atributo de identificación e control. Examínase como o ideal de beleza -baseado na delgadez, pasividade e fraxilidade- actúa como un instrumento disciplinario que subordina ás mulleres a un permanente xuízo estético e sexual. Baixo o discurso neoliberal do "empoderamento", desvélase o paradoxo mediante o cal a hipersexualización preséntase como expresión de liberdade, cando en realidade reproduce patróns de dominación que se xustifican mediante a falacia da "libre elección". Este bloque distingue entre o "lobo" explícito das sociedades abertamente desiguais e o "lobo con pel de cordeiro", mais perigoso se cabe, propio das sociedades que, aínda proclamando igualdade formal, continúan perpetuando modelos de subordinación mediante mensaxes sedutoras, sutís e profundamente arraigados na cultura visual contemporánea.
Para finalizar o terceira parte céntrase na construción xurídica e política dos dereitos das mulleres, subliñando que a igualdade formal foi un paso imprescindible, pero aínda insuficiente, para alcanzar a igualdade real. Percórrese o marco internacional que senta as bases dos devanditos dereitos, desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948) ata a Convención para a Eliminación da Discriminación contra a Muller (1979), e relaciónase cos compromisos actuais da Axenda 2030. O bloque profunda nos Dereitos Sexuais e Reprodutivos, esenciais para garantir a autonomía das mulleres, mencionando fitos como a Lei 2/2010 en España e tamén analízase o desenvolvemento da Educación Sexual no marco lexislativo español. Esta última parte conclúe sinalando que a carreira cara á igualdade permanece inacabada e require seguir ampliando esforzos ata alcanzar plenamente a meta dunha sociedade verdaeiramente igualitaria.
Obxectivo xeral: Promover unha comprensión crítica de cómo se construye, reproduce e lexitima a desigualdade de xénero - desde a inferiorización e a obxetivización das nenas e mulleres - para fomentar actitudes e comportamentos igualitarios que posibiliten a igualdade real.
Obxectivos específicos: - Analizar as narrativas históricas e científicas que sustentaron a suposta inferioridade das mulleres e as actitudes sexistas derivadas.
- Comprender como a obxetivización do corpo feminino funciona como un mecanismo contemporáneo de control e subordinación.
- Coñecer os principais marcos de dereitos humanos, sexuais e reprodutivos, así como a evolución da educación sexual, a nivel nacional e internacional.
- Promover actitudes e accións que posibiliten á igualdade real.
Programa detallado
Directora e docente do curso: María Lameiras Fernández
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
1. Corpos sexuados xenerizados: A construción social das mulleres como o "segundo sexo"
1.1 A construción da "inferioridade" dos corpos das mulleres.
1.2 A construción da "inferioridade sexual" dos corpos das mulleres
2. Corpos obxetivizados: As mulleres convertidas en obxectos de consumo
2.1 O papel do corpo e o seu obxetivización na construción das identidades xenerizadas
2.2 A obxetivización dos corpos das mulleres
2.3 Os corpos sexuados (des)empoderados das mulleres.
2.3.1 Da sexualización á hipersexualización
2.3.2 Empoderamento a través da hipersexualización?.
2.3.3 (Des)empoderamento sexual.
3. Os corpos das mulleres: Os dereitos.
3.1 O dereito á igualdade.
3.2 Os dereitos sexuais e reprodutivos.
3.3 O dereito á Educación Sexual.
3.3.1 A Educación Sexual en España.