Lugar de celebración do curso : Balnearios de Laias, O Carballiño, A Toxa, Guitiriz, Solares, Instituto de Termalismo de Dax, San Paul de Dax, Termas de Sourceo, Termas de Salies de Béarn, Dax, Balneario de Arnedillo, de Burgo de Osma, de Allariz y de Valladolid
Descrición:
Os obxectivos temáticos do curso son os seguintes:
-Comprender os fundamentos teóricos e aplicados do termalismo.
-Coñecer a estrutura organizativa e funcional dos distintos centros termais visitados.
-Analizar e interpretar a relación existente entre os distintos centros termais e as técnicas e produtos empregados en cada establecemento.
-Examinar a perspectiva das institucións locais, rexionais e nacionais no ámbito deo termalismo.
-Desenvolver prácticas de aplicadión das diferentes técnicas termais utilizadas nos centros visitados.
-Adquirir a capacidade para comprender e manexar a terminoloxía e os conceptos propios do termalismo.
-Coñecer o proceso de elaboración e xestión dun peloide.
-Coñecer os principios de uso sostible e protección dos recursos termais no marco do turismo de saúde.
-Analizar comparativamente os modelos organizativos, asistenciais e de xestión dos establecementos termais en España e en Francia.
Este curso de extensión ten unha duración de 43 horas .
Directores: José Luis Legido Soto e Elisa Alén González
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Programa detallado
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Conferencia: Turismo termal en Galicia
Conferencia: A arte de envellecer: un café termal
Conferencia: A Cátedra de Hidroloxía Médica en Galicia
Prácticas no Balneario de O Carballiño
Prácticas no Balneario de Laias
Prácticas nos Balnearios da Illa da Toxa
Prácticas no Balneario de Guitiriz
Prácticas no Balneario de Solares
Coloquio sobre centros termais na zona do Cantábrico
Conferencia: Organización do Termalismo en Nouvelle Aquitaine
Visita á Fábrica de Peolides TERDAX
Visita ao Instituto de Termalismo de Dax
Conferencia: Criterios para obter unha nova orientación terapéutica
Visita e Prácticas no Complexo Termal Sourceo
Visita ás salinas de Salies-de-Béarn
Conferencia: O tratamento da endometriosis en medicina termal
Visita ao establecemento termal das salinas de Salies-de-Béarn
Visita á cidade de Dax
Coloquio sobre os balnearios na Rioxa e Castela-León
Prácticas no Balneario de Arnedillo
Prácticas no Balneario de Osma
Visita guiada a Valladolid
Coloquio sobre Sostenibilidade no Turismo Termal
Prácticas no Balneario de Allariz