No Edificio facultades do Campus de Ourense (unha sesión será en Lobios na Mostra de Innovación Pedagóxica Innova Xurés)
Descrición: O contexto educativo actual está marcado por profundas transformacións metodolóxicas, sociais, tecnolóxicas e culturais que interpelan directamente á universidade como espazo de formación crítica, compromiso social e innovación pedagóxica. Neste escenario, resulta imprescindible ofrecer ao alumnado oportunidades formativas que lles permitan pensar a educación desde unha perspectiva integral, conectando coñecemento académico, acción social e metodoloxías activas de aprendizaxe.
Este curso de extensión universitaria nace coa finalidade de promover unha aprendizaxe significativa e comprometida, centrada en aprender, pensar, crear e transformar a realidade educativa e social desde unha mirad socioeducativa.
O curso integra enfoques actuais como a educación socioeducativa, as metodoloxías activas e a conexión entre a aula e o contorno, favorecendo unha aprendizaxe experiencial, reflexiva e colaborativa. Deste xeito, o alumnado non só adquire coñecementos teóricos, senón que desenvolve competencias clave para a súa formación persoal, académica e profesional, como o pensamento crítico, a creatividade, o traballo en equipo e o compromiso coa transformación social.
O curso preséntase, así, como un espazo para conectar saber, acción e reflexión, favorecendo unha educación con impacto real máis alá da aula.
Os obxectivos do curso son os seguintes:
-Fomentar unha compresión crítica da educación como ferramenta de transformación social, promovendo no alumnado a capacidade de analizar a realidade educativa desde unha perspectiva socioeducativa e comprometida.
-Explorar e aplicar metodoloxías activas, intelixencia artificial e enfoques STEAM para favorecer procesos de aprendizaxe significativos baseados na creatividade, na experimentación, no pensamento crítico e no traballo colaborativo.
-Coñecer e utilizar recursos educativos innovadores, para o deseño de propostas educativas contextualizadas, éticas e adaptadas a distintos ámbitos socioeducativos.
Este curso de extensión ten unha duración de 30 horas .
Director: Jesús Deibe Fernández Simo
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- Innovación na rede de formación docente. - Enfoque STEAM. - Intelixencia artificial e recursos tecnolóxicos na práctica educativa. - Metodoloxías activas na aula. - Acción socioeducativa na escola.