Duración do curso: 30 h
Este curso é continuación dos que foron ofertados na programación de cursos de extensión universitaria do Campus de Ourense nos anos 2023, 2024 e 2025 co mesmo título "Ourense no tempo: Historia Arte e Tradicións", con 40 estudantes matriculados de media e unha boa avaliación por parte dos asistentes.
Temática: Impartirase a modo de xornadas de divulgación científica das investigacións que leva a cabo a comunidade universitaria do Departamento de Historia, Arte e Xeografía con temática relacionada coa provincia de Ourense, así como as de outros investigadores externos especializados no tema.
O curso terá carácter multidisciplinar e fará un percorrido por diferentes aspectos relacionados coa historia, a arte, a arqueoloxía e as tradicións da provincia de Ourense, dende a prehistoria ata a actualidade, analizando tanto feitos históricos com artísticos e etnográficos.
Algunhas sesións realizaranse in situ, con percorridos pedestres guiados pola cidade de Ourense e por lugares históricos e arqueolóxicos dos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín (comarca da Limia) e Bande, Muiños, Entrimo e Lobios (comarca da Baixa Limia).
Obxectivos: 1. Transmitir o coñecemento científico xerado polos investigadores e as investigadoras da Universidade Vigo e outros expertos nos temas a tratar. 2. Proporcionar ferramentas e exemplos na utilización de diferentes tipos de fontes para a investigación histórica e arqueolóxica. 3. Aplicar o coñecemento interdisciplinar e xerar espazos de discusión co estudantado. 4. Contribuír ao respecto e á conservación dos bens culturais a través do coñecemento dos seus significados e valores (en liña coa axenda 2030). 5. Achegar instrumentos e ferramentas para a elaboración de discursos de comunicación e divulgación igualitarios e inclusivos (en liña coa axenda 2030).
Programa do curso
Director do curso: Xosé Ramón Campos Álvarez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
JULIO PRADA RODRÍGUEZ: "A represión franquista na provincia de Ourense".
DOMINGO RODRÍGUEZ TEIJEIRO: "Espazos de reclusión de guerra e posguerra: a Prisión do Mosteiro de San Salvador (Celanova, 1936-1943)".
FERNANDO SERRULLA RECH: "A investigación forense das fosas da Guerra Civil Española en Ourense".
AMADO TIERRA LOZANO RAMÍREZ: "Ourense. Espazos de memoria".
MIKEL DÍAZ RODRÍGUEZ: "O Paleolítico na provincia de Ourense: lugares, achados e historias".
EDUARDO BREOGÁN NIETO MUÑIZ: "Vila Romana do Bouzadoiro / Igrexa dos Mouros (Cabreiroá, Verín): un caso único de vila atlántica do Noroeste".
VÍCTOR RODRÍGUEZ MUÑIZ: "Lobarzán: un Castelo e a súa terra na Idade Media".
MIRIAM JUSTO VARELA: "Cerámica, memoria e identidade: unha aproximación á materia como linguaxe".
DAVID PÉREZ LÓPEZ: "Dominio e adaptación á paisaxe das sociedades prehistóricas entre o Xurés e Leboreiro".
ELENA DE UÑA ÁLVAREZ: "Xeomorfoloxía granítica".
MIGUEL ÁNGEL ÁLVAREZ VÁZQUEZ & JUAN MANUEL GALIÑA LORENZO: "Descifrando a Raíña Loba (Proxecto XeRaLo)".
JUAN MANUEL GALIÑA LORENZO & XOSÉ RAMÓN CAMPOS ÁLVAREZ: "O comercio no Couto Mixto. Un percorrido polas aldeas de Meaus e Randín".