Este curso ten unha duración de 30 horas.
Descrición: Nos últimos anos, o medio natural está a experimentar un deterioro notable debido a múltiples causas, entre elas o cambio climático e a influencia directa das actividades humanas. Por iso, as políticas actuais apuntan a fomentar modelos sociais máis respectuosos co ambiente e orientados cara a un desenvolvemento sostible. De cara ao futuro, será imprescindible acadar unha harmonía entre a conservación da natureza e o avance económico
Neste curso abordaranse importantes desafíos no Espazo Natural Protexido Reserva de Biosfera Transfronteriza Xurés-Gerês, como por exemplo a degradación de hábitats, a presenza de especies invasoras ou os efectos do cambio climático, que provocan a perda de prácticas tradicionais beneficiosas para a paisaxe. Ademais, a súa natureza transfronteriza esixe unha xestión coordinada entre Galicia e Portugal. A pesar disto, este espazo conta con grandes oportunidades, como por exemplo, espazos que están sufrindo restauración ecolóxica así como a recuperación de bosques, humedais e turbeiras. Tamén destaca o impulso do ecoturismo sostible e a participación activa das comunidades locais, visitantes e escolares que reforzan a conservación e o desenvolvemento do territorio, fomentando o pensamento crítico e a conciencia ambiental en relación coa xestión do medio natural, destacando a importancia da protección de espazos naturais como a Reserva de Biosfera Transfronteiriza Xurés-Gerês.
Programa detallado
No prezo do curso está incluido o aloxamento e a manutención, así como o desprazamento do primeiro día Ourense-Muiños e do último día Muiños-Ourense.
Directoras e docentes: María Fernández González e Mª del Carmen Seijo Coello
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
- O concello de Muíños: O medio ambiente como patrimonio.
- Aspectos ambientais relacionados cos recursos hídricos do Xurés.
- A Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerès-Xurés como ferramenta de protección da natureza.
- Especies invasoras: Un reto ou unha oportunidade.
- Do resíduo ao recurso: o poder da bioeconomía circular.
- Visita ao Parque Natural e ao pobo de Salgueiros: Itinerario botánico, faunístico e xeomorfolóxico.
- O turismo termal e o medio ambiente.
- Marco da xestión do recurso hídrico en España, casos prácticos.
- Aplicación dos sistemas de información xeográfica (SIX) para a detección remota e avaliación da eutrofización.
- Intervención estratéxica de restauración ambiental e reforzo dos servizos ecosistémicos tras episodios de alta severidade de incendios.