Sala de exposición O Abrigo.- Taller de cerámica da Fac. de Belas Artes
Introdución á técnica de transferencia de imaxes sobre soportes cerámicos, traballando a partir de fotografías, así como de imaxes dixitais e debuxos de intervención directa.
Analizar as necesidades de cada Imaxe para a súa mellor adaptación ás distintas técnicas, preparando diferentes matices, e vendo distintos métodos de estampacións.
Taller ce carácter experimental e creativo no que se explicarán técnicamente os diferentes métodos de transferencia, realizando demostracións e propoñendo exercicios creativos a partir de imaxes.
Conseguir que as persoas asistentes aquiran unha base de coñecemento que lles permita ter unha visión xera de transferencias de imaxes sobre soportes cerámicos.
Favorecer a asimilación dos contidos do curso de xeito que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil.
Formentar a cooperación e o traballo en equipo.
Coñecer as técnicas dos métodos de transferencia de imaxes sobre superficies cerámicas. Analizar as necesidades de cada imaxe para adaptarse mellarás diferentes técnicas. Preparar varias matrices e métodos de impresión. Os diferentes tipos de placas de impresión e os seus métodos de impresión. Tintas: preparación e demostración do proceso de entintado e impresión. Rexistrar e construír a imaxe usando múltiples capas de cor.