Espazo 6. Facultade de Belas Artes
Conseguir que as e os asistentes adquiran unha base de coñecementos que lles permita ter unha visión xeral dos moldes, das súas características e das súas aplicacións.
Favorecer a asimilación dos contidos do curso de forma próxima á realidade, de modo que o proceso teña como resultado unha formación práctica e útil.
Fomentar a cooperación e o traballo en equipa.
Desenvolver e explorar a técnica de realización de moldes, e as súas posibilidades.
Coñecer os procesos básicos de elaboración de moldes con escaiola.
Realizar un proxecto de molde, deseñado para a peza de cada participante.
Realizar a reprodución das pezas co molde.
Expoñer distintos acabamentos das pezas.
1. Nocións básicas dos procesos de vaciado e reproducción. 2. Tipos de moldes en escaiola. 3. Deseño de moldes específicos para a reprodución de diferentes pezas 4. Proceso de elaboración de moldes. S. Técnicas de reproducción: por apretón e por colada. 6. Técnicas decorativas para acabamentos das pezas