Descrición: Este obradoiro pretende ser un primeiro achegamento á maneira de facer teatro da Compañía Sarabela. Como punto de partida: as vivencias co corpo e a voz; como ferramentas: a expresión, a técnica, a interacción dos participantes e o seu imaxinario; como método: o xogo e a improvisación. Finalizaremos a formación en Rosaura cunha "aventura teatral": unha acción nun espazo non convencional.
Este obradoiro ten unha duración de 45 h
Terán preferencia as persoas inscritas no obradoiro Rosaura. Nivel 1 do 1º cuadrimestre
Director e docente: Fernándo Dacosta Pérez
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma de aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Cursos: - Corpo en movemento - Labor de equipo - Mostra de traballo na rúa Contidos: - A procura artística a través do xogo teatral - Expresión individual e colectiva - Práctica teatral - Imaxes co corpo - O corpo fala - O corpo escoita - O corpo conta - Traballo en equipo