Facultade de Belas Artes- Espazo de Risografía
Introdución/iniciación en Risografía. Comprensión e aprendizaxe teórica do proceso de reprográfico.
Visionado de exemplos a través de impresións e publicacións xa elaboradas.
Aprendizaxe e desenvolvemento de procedementos para a elaboración dunha impresión risográfica (dixital, manual, mecánica, etc)
Aprendizaxe e desenvolvemento dunha publicación en Risografía. O medio como condicionante do resultado. Pros e contras.
Testeo e proba de cada participante a través dun deseño, texto, imaxe, etc.
Elaboración dunha edición limitada do grupo participantes.
Obradoiro "Erro é ben"
Laboratorio de ideas - Creación dunha imaxe de semitono. - Procedementos dixitais e analóxicos. - Preparación de ficheiros e imaxes PostScript.
Monotono - Introdución á impresión monotono desde impresión de Risográfica. - Construción e reprodución de imaxes mediante mancha. - Construción e reprodución de imaxes mediante impresión de semitono.
Duotono - Introdución á impresión duotono mediante impresión risógrafa. - Construción e reprodución de imaxes mediante mancha. - Construción e reprodución de imaxes mediante impresión de semitono.
Procesamento de imaxes para a edición final - Introdución á maquetación de documentos. - Teoría e procedementos previos á maquetación. - Conceptualización da maquetación analóxica.