Seminario S4 do Pavillón 1 "Concepción Ramón Amat"
Descrición: O obradoiro analiza como a pornografía dixital e as redes sociais inflúen na vida das persoas adolescentes, nas súas relacións, na construción da sexualidade e nos roles de xénero. Abórdanse os riscos asociados ás TIC e ofrécense ferramentas teóricas e prácticas para a prevención, o acompañamento e a intervención con adolescentes, familias e profesionais socieducativos.
Este obradoiro ten unha duración de 20 horas, incluidas 2 horas de traballo do alumnado.
Directora-Docente: Jennifer Rodríguez Gómez
Programa detallado
Recoñecemento de créditos: ao remate do obradoiro entregarase un diploma acreditativo a cada participante que seguise polo menos un 85% das actividades programadas, con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas de traballo do estudante. O alumnado solicitará o recoñecemento de créditos na secretaría de alumnos da facultade onde se imparta a titulación na que pretenda validar esas horas, presentando o certificado/diploma do aproveitamento da actividade.
Para consultar a qué colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema na seguinte ligazón: Colectivos Universidade de Vigo
Sexualidade máis aló do sexo
- Feito sexual humano: dimensións biolóxica, psicolóxica, social e cultural
- Sexualidade: identidade, orientación, vínculo afectivo, pracer, límites, consentimento
- Educación sexual: enfoques integrais, educación sexual baseada en dereitos, alfabetización sexual para a adolescencia
- Violencia sexual: marco conceptual, coerción, desigualdades de xénero, impacto da cultura pornificada
- Práctica / actividade
Sexualidade e redes sociais (I)
- Historias ocultas de redes
- Evolución das TIC
- Axentes socializadores
- As redes sociais
- Redes sociais vs vida real
Sexualidade e redes sociais (II)
- Seguridade e riscos das TIC
- Grooming
- Sexting
- Impacto negativo das redes sociais
- Impacto positivo das redes sociais
Pornografía na sociedade dixital
- Concepto de pornografía (antes e agora)
- Industria pornográfica
- Datos actuais de consumo
- Pornificación da sociedade
- Mitos e realidade sobre a pornografía
- Modelos alternativos ao porno mainstream
Pornografía e adolescencia
- Efectos e impactos psicosociais do consumo de pornografía dixital en adolescentes
- Consecuencias para a socialización e a igualdade de xénero
- Alfabetización pornográfica
Pornografía e violencia de xénero
- Relación entre pornografía mainstream e violencia contra as mulleres
- Representacións de dominación, desigualdade e estereotipos
- Como a pornografía contribue á cultura da violación
- Efectos en adolescentes e en parellas xóvenes
- Estratexias socioeducativas para a prevención da violencia
Ferramentas para a alfabetización pornográfica e intervención socioeducativa
- Estratexias baseadas en evidencia
- Recursos dixitais e materiais para traballar co alumnado / familias
- Como abordar conversacións difíciles
- Deseño de sesións educativas
Deseño dun programa de alfabetización pornográfica
- Elementos básicos dun programa socioeducativo
- Adaptación a diferentes contextos: educativo, comunitario, familiar
- Indicadores de éxito e avaliación
- Práctica / actividade (crear programa real e aplicable)
Avaliación do obradoiro e peche
- Resumo de todos os contidos dados no obradoiro
- Reflexión final sobre o aprendido
- Realización do cuestionario anónimo de avaliación